O número de empresas con sede social en Galicia aumentou un 0,8% en 2017

As catro provincias galegas experimentaron crecementos durante o exercicio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2019 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

O número de empresas con sede social en Galicia aumentou no ano 2017 en 1.973, con crecemento no catro provincias, e situouse nun total de 247.631, un 0,8% máis que ao peche do anterior exercicio. Así o reflicten os datos a 1 de xaneiro de 2018 do 'Directorio de empresas e unidades locais' publicado este luns polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

No caso das provincias, A Coruña creceu en 853 durante 2017 --cun total de 101.520--; en Lugo hai 501 máis --37.405--; en Ourense aumentou en 124 --27.120--; e Pontevedra suma 495 e é a segunda provincia con máis sedes cun total de 81.586. A estas hai que sumarlle as 4.359 empresas con actividade na Comunidade, pero coa sede fóra de Galicia, cun incremento do 1% a 1 de xaneiro de 2018.

Segundo mostran os datos do IGE, con respecto ao número de asalariados nas empresas destacaron as que teñen menos de tres, pois supoñen un 85'83% do total. Estas empresas sen asalariados, cun ou con dous son tamén as maioritarias no sector primario, xa que supoñen un 96,6% destes negocios.

As empresas con 500 ou máis asalariados incrementáronse un 7%, ao pasar de 57 a 61 en 2017, e as de 100 a 249 asalariados creceron un 4,86%, ao aumentar de 370 a 388, como sinalou a Xunta nun comunicado.

En canto ao número de unidades locais, o 43,65% están situadas nos municipios de Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevera e Santiago de Compostela. Os dous primeiros concentran o maior número, con 28.137 e 27.709 respectivamente.

Por último, como indicou o Goberno galego, o número de empresas con sede social en Galicia aumentou por haber unha diferenza positiva entre as altas, con 24.632, fronte ás baixas, con 22.646. Estas súmanse ás 222.999 empresas que continúan activas.

Variación anual da cifra de negocio das empresas en outubro de 2019. EPDATA
Variación anual da cifra de negocio das empresas en outubro de 2019. EPDATA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta