Sinalan o centro galego no barrio barcelonés de Horta con pintadas como "feixistes de merda" e "fills de puta"

Os autores avisan de que se trata do "cuarto aviso" á Agrupación Cultural Galega Saudade, en resposta a actos que este centro acolleu do PP e Ciudadanos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/01/2020 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

O centro da Agrupación Cultural Galega Saudade do barrio de Horta, en Barcelona, amenceu cheo de pintadas con insultos e ameazas, denunciou o xornalista Víctor Mondelo a través de Twitter, onde publicou varias imaxes coas mensaxes que deixaron os autores a pasada noite na fachada do centro.

Pintadas no centro da Agrupación Cultural Galega Saudade do barrio de Horta, en Barcelona
Pintadas no centro da Agrupación Cultural Galega Saudade do barrio de Horta, en Barcelona | Fonte: Víctor Mondelo.

Nas pintadas lense mensaxe como "feixistes de merda", "fills de puta", "FCK NZS" ("Fuck nazis") e "Mameu rabo cabrons", ademais de avisar de que se trata do "cuarto aviso" que, din nas pintadas, fan a este centro.

O centro galego foi sinalado por acoller actos do Partido Popular ou Ciudadanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta