A situación laboral nas residencias de maiores da Xunta: estrés e sobrecarga de traballo

Os traballadores aseguran que non se respetan os ratios de persoal e que os cadros son insuficentes para atender os usuarios. Ademais, denuncian que non se lles retribúe o traballo en domingos e días festivos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2020 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O persoal dependente da Conselleria de Política Social leva tempo deixando constancia das continuas agresións por parte desta Conselleria en materia de persoal e recursos humanos, soportando quendas anuais a servizos mínimos durante case todo o ano, pola non cobertura do persoal mediante as listaxes de sustitucións temporais para reforzos ou acúmulo de tarefas, vacacións, algunhas situacións derivadas de IT, permisos oficiais ou días de libre disposición.

Unha persoa maior nunha residencia
Unha persoa maior nunha residencia | Fonte: EP.

Non se respetan os ratios de persoal e os cadros de persoal son insuficentes para atención dos usuarios. Desde a CIG explican que nos centros da provincia da Coruña pode quedar unha enfermeira e dúas auxiliares de enfermeria o cargo de case 200 residentes con diversos graos de dependencia ou patoloxías psicoxeriátricas nunha quenda de tarde, de noite ou os fines de semana. Moitas veces, sen persoal médico para as urxencias e tendo que chamar o 061 para a atención das urxencias. 

Explican os dependentes que "por falta de persoal as duchas e aseos dos residentes empezan tendo que levantalos ás 7 ou 6 de maña, para esperar despois 2 ou 3 horas a darlles os almorzos. Ou cean ás 19:30 horas e están mais de 12 horas sin inxerir ningún tipo de alimentos ata as 9 que volven almorzar. En centros como a Residencia de Maiores de Ferrol as mudas das camas só se fan 1 vez á  semana, por falta de persoal e escasez de roupa plana".

A isto, hai que sumarlle o retraso na valoración de dependentes, figurando moitos como válidos ou con dependencias catalogadas de menor grao, sendo moitos usuarios asistidos ou grandes dependentes. Isto tradúcese nun aumento da carga de traballo e nuns ratios de persoal anómalos ou sesgados. Co agravante de ter residencias semi valeiras como é a de Porta do  Camiño, en Santiago de Compostela, por non aceptar ingresos con grado 1 de dependencia (tendo esta residencia 33 prazas libres dun total de 84).

Segundo os denunciantes, "existen dificultades nesta Consellería de Política Social para ter sustitutos nas listaxes de contratación temporal, especialmente nas categorias de médico ou enfermería, ocasionando problemas para cubrir as vacacións regulamentarias do seu persoal". Ademais, denuncian que non existen directivos de garda nin listaxes de cobertura para coberturas de especial urxencia.

Sinalan que outro factor a ter en conta é a recente informatización dos centros, pola implantación de diferentes aplicacións informáticas, as cales non alixeiran a presión asistencial, pois son implantados sen a correspondente formación do persoal ou con escasa formación do mesmo. Cabe salientar que o persoal desta conselleria esta sofrendo un agravio comparativo co persoal doutras Administracións Públicas, é o único persoal da administración pública autonómica e estatal ao que non se lle retribue o traballo en días nin economicamente efectuado en domingos e festivos dende hai mais de sete anos, trala suspensión do artigo 19 do V Convenio Único da Xunta de Galicia pola Lei de Medidas Urxentes do ano 2012 da Xunta de Galicia.

Como consecuencia, os empregados públicos desta Conselleria sosteñen que "estes servizos están soportando unha importante sobrecarga de traballo, situacións de estrés laboral e psicosocial que derivan nun deficit de atención para os usuarios ou pacientes destes centros, un aumento da siniestralidade laboral, das baixas laborais e contínuas peticións de adaptacións de postos de traballo por cuestións de saúde do seu persoal"

A Conselleria de Política Social ten a taxa de maior sinistrade laboral da Xunta de Galicia. Consideran que a situación "de deterioro xeral na atención os maiores dependentes nas residencias públicas da terceira idade, centros de día, centros de menores e escolas infantis xestionados pola Xunta é insostible e inaceptable e constitue unha merma da calidade asistencial e compromete a seguridade e a saúde do persoal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 matusalencio frijolento

tiñan que mirar o que pasa nas privadas, escoitanse bule-bules de autenticos flocos para cans abandoados, sen médicos operativo no centro de xente pouco profesional "facendo de enfermerías" con pouca xente, con ancias con escaras onde pode afundirse un puño... miren o traslado a hospitais namentras cobran os familiares e administración do estado non ve nin un can... profundicen no tema! incluso seica houbo xente condeada por roubos de herdanzas!!!-