Vox, o fascismo como seña

Estes días atrás o Deputado de Vox, Víctor Sánchez do Real, ofendeuse moito porque nun tweet contésteille que os de Vox eran neandertales, tentèino facer con humor aproveitando un meme onde había unha serie de faltas ortográficas, (xa que decir neandertales e igual a decir xente do pasado), e no pasado había moita persoa que por falta de medios tiña un atraso cultural e de formación grave.

Por Carlos González Armada | O Porriño | 02/01/2020

Comparte esta noticia

A reacción dos perfís fake que teñen nas redes, e dos seus medios de comunicación afíns, (ok diario), foron inmediatas, sacando de contexto unha crítica humorística a unha forma de pensar arcaica.

Fíxeno mantendo con humor o erro ortográfico máis evidente, a palabra  neandertal, que viña escrita no meme como neardenthal, è a cal corrixín por neardental, (polo dos dentes), e ese foi todo meu pecado…vese que as ideas políticas aos señores de  VOX impórtanlles pouco, igual que os problemas dos españois, o único que lles interesa é dividir e  conforntar porque no insulto fácil, na descualificación continua atópanse como peixe na auga…dáslles un dedo e cóllenche un brazo

O curioso é que  sufrisen unha afronta tan grande polo fondo da frase, (ser de ideas arcaicas e prehistóricas, ideas neandertales), cando eles permítense o luxo de ir ofendendo gratuitamente a todo o que se pon por diante

Os seus dirixentes cánsanse de chamar feminazis de forma despectiva ás feministas, de chamar enfermos aos homosexuais, de chamar asasinos aos votantes de Podemos, ou de  Bildu, de chamar delincuentes aos votantes de JxCat, as  CUP, PSC, ou ERC…de chamar traidor ao presidente en funcións, e izquiermierda aos votantes do PSOE, de dicir o seu supremo líder, Santiago Abascal, que os que non son votantes de VOX son  cosmopaletos...pero eles responden de forma  iracunda e ofendida se lles chamas o que son, Neandertales

Chámeilles Neandertales e non me retracto, o son; non teñen sentido do humor, non entenden as ironías, non comprenden a mensaxe oculta dun meme, crense na exclusividade da ofensa, son violentos, menten, terxiversan, ofrecen datos falsos ou manipulados, están contra as mulleres, os menores, os homosexuais, os inmigrantes, (iso si, só os pobres, os multimillonarios válenlles), chaman delincuentes aos demais cando eles teñen bastantes delincuentes nas súas filas, (potencialmente sono case todos eles polas súas ideas), son ultra-católicos, pero daqueles da época medieval nos que a igrexa mataba e queimaba a todo o que non pensaba como eles.

Maldícen a  unilateralidad catalá pero eles queren ser unilaterais con europa, non queren un estado federal, quéreno centralista, queren acabar coa cultura, a lingua e a historia dos pobos de España, etc, etc, etc

Dixen Neandertales e puiden dicir psicópatas, ou delincuentes potenciais, ou calquera outro cualificativo que me viñese á cabeza debido a non que deixan de ser cualificativos descritivos das súas ideas, das súas accións, das súas palabras, dixen  neandertales porque atopei un meme gracioso e iso foi suficiente para saltar a gresca, para que mesmo Ok Diario entrase a  distorsionar a realidade dicindo que foi Mais País quen lles chamou Neandertales, nin que o fixese o mesmo Errejon

Que mais quixeran eles, só fun eu, un simple portavoz dun partido municipal dunha pequena cidade de 20.000 habitantes, Porriño, que colabora con Mais Pais, pero que non é  propiedade da devandita formación, e polo que as miñas manifestacións, ou a de calquera outro compañeiro, non lle poden ser endosadas a Errejon, nin a Máis País

Chámeilles Neandertales e o son, as súas reaccións e as dos seus medios así o demostran, o seu  totalitarismo asusta, eles realizan de 5 a 10 mensaxes, (mínimo) diarios, que insultan e ofenden aos demais, denuncian a todo o que se move e non pensa igual que eles, manteñen unha ameaza permanente sobre todo pensamento diferente, pero é un terremoto que alguén se atreva a dicirlles á cara o que son…chámeilles  neandertales é o mantéño, porque é o que son

O presidente e candidato de Vox á Presidencia do Goberno, Santiago Abascal, participa nun mitin na Coruña.. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
O presidente e candidato de Vox á Presidencia do Goberno, Santiago Abascal, participa nun mitin na Coruña.. M. Dylan - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos González Armada Perito Xudicial, (Inxeñeiro e Criminologo), Coordinador Autonómico de XUNTOS (Máis Galicia), Voceiro municipal de Xuntos Porriño, (Máis Porriño).