A CIG critica que a Xunta non activase o SPIF como efectivos de emerxencias durante o último temporal

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2020 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

A CIG lamentou que a Xunta non activase o Servizo Público contra Incendios de Galicia (SPIF) como efectivos de emerxencias durante o último temporal climatolóxico hai dúas semanas e que, en días como o 20 de decembro, deixou 1.500 incidencias na xeografía galega.

Temporal en Galicia
Temporal en Galicia | Fonte: © Miguel Núñez.

A central nacionalista lembra que o SPIF "é para todos os efectos un servizo de emerxencias" ao que "apenas habería que reforzar no que a material se refire" para actuar en vendavais, nevadas ou inundacións.

Deste xeito, incide en que os axentes do SPIF podería "servir de apoio aos actuais efectivos" de emerxencias sen que isto supoña "perder de vista o seu principal labor, que é a prevención e extinción de incendios".

Así as cousas, a CIG cre que existe unha "obstinación" por parte da Administración autonómica á hora de "non aproveitar ao máximo todo o potencial co que conta o SPIF", o que deriva en que "situacións previsibles e protocolizables se convertan en verdadeiras chapuzas".

"Temos evidentes sospeitas de que nestes pasados días de temporal non se activou oficialmente ao SPIF. É dicir, non conformou parte do operativo que coordina o 112 nestas circunstancias", asegurou a CIG, que recoñece que existiron "algunhas actuacións esporádicas e voluntarias".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta