Achan morto en Verín o cidadán portugués desaparecido desde o martes en Oímbra

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2020 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

O cidadán portugués de 62 anos de idade desaparecido desde o martes 31 de decembro na zona de Oímbra, na provincia de Ourense, foi localizado falecido na tarde deste xoves.

Garda Civil
Garda Civil

Segundo informaron fontes do dispositivo de rastrexo, o cadáver foi achado á beira do seu coche, nas proximidades da depuradora no termo municipal de Verín.

Foron efectivos de Protección Civil de Verín, que participaron na procura xunto á Garda Civil e brigadas de Medio Rural do distrito da zona, os que acharon o corpo e avisaron ao Instituto Armado.

A procura centrouse en Oímbra e na zona de monte dos arredores despois de que a familia do desaparecido denunciase a súa ausencia o xoves pola mañá.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta