Temas: BNG EMPRESA

O Concello coruñés alerta dun "problema técnico" coa aplicación para pagar a ORA e pide usar o parquímetro

Nun comunicado, confirma que a empresa concesionaria, Setex, trasladoulles que o problema está "localizado" e que traballan na súa solución

Por E.P. | A CORUÑA | 03/01/2020 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña pediu aos cidadáns que teñan que pagar a ORA que usen os parquímetros ao non estar operativa a aplicación E-park existente por un "problema técnico".

Nun comunicado, confirma que a empresa concesionaria, Setex, trasladoulles que o problema está "localizado" e que traballan na súa solución. Mentres tanto, lembra que as ordenanzas municipais obrigan aos ususarios a utilizar o parquímetro "se non é posible a opción da vía móbil".

Pola súa banda, a concelleira do BNG Avia Veira pediu ao goberno local que "reaccione" ante a situación creada "polo mal funcionamento da aplicación da ORA e que anule as multas impostas a usuarios".

O concello coruñés. CONCELLO A Coruña
O concello coruñés. CONCELLO A Coruña

Temas: BNG EMPRESA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta