Feijóo e o PPdeG tentan frear unha campaña de 'boicot a Galicia' en redes sociais polo apoio do BNG a Pedro Sánchez

A idea de promover unha iniciativa contra os produtos e servizos galegos arrasa en Twitter, onde a retranca e a ironía de moitos superou aos que apoian o bloqueo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/01/2020 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

#BoicotAGalicia e #BoicotGalicia. Con estas etiquetas, centos de chíos saltaron en Twitter tras coñecerse o 'si' do BNG á investidura de Pedro Sánchez; un voto clave para o desbloqueo e a conformación dun goberno en España.

Mensaxe de Feijóo en Twitter contra un boicot a Galicia.
Mensaxe de Feijóo en Twitter contra un boicot a Galicia.

Foi un dos temas máis comentados nesta rede social desde o venres, cando se deu a coñecer o acordo entre nacionalistas galegos e socialistas. A partir de aí, moitos usuarios publicaron todo tipo de mensaxes, a prol e en contra da proposta de boicot a Galicia e os seus produtos e servizos, ademais de moita retranca e ironía tamén por parte doutros moitos.

Ante esta situación, o propio presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pediu que non se inicie unha campaña contra Galicia, argumentando que "el BNG no es Galicia",

Mentres, desde a conta do PP galego argüían que "esta comunidad autónoma es leal al Estado y a la Constitución" y pedían que "no se castigue a gente honrada".

Entre os centos chíos publicados por distintos usuarios sobre a proposta de boicot, estes son algúns destacados:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 a tope ¡¡¡

Pero si xa nos boicoteamos nos mesmos regalando as empresas que temos!!! co beneplácito da muchedumbre¡¡¡ a masa encefálica brilla por su ausencia¡¡

4 Moine

Este peripatético personagem, agente activo do genocídio contra o povo galego, a sua única política económica é a expulsom dos galegos e galegas do País; este cipaio que só cumpre os ditados que lhe manda a estrumeira pepera de Madrid arroga-se ser o porta-voz do povo galego, manda caral..! A desgraça é que um sector dos votantes galegos optam polos seus próprios verdugos.

3 galegoexiliado

¿A dereita expañola boicoteando ás empresas da dereita galega? me apunto. Bueno, eu xa fai anos que o levo facendo, pero me súmome ó boicot.

2 Luis C

Non arrasou tanto, so estivo entre os TT unhas horas, e Feijoo non fixo nada máis que meter a zoca. A maioria dos chios con ese hastag son rindose do suposto boicot. A dereita está desesperada coa investidura e recorren a todo o que poden.

1 narqueo ...

boicot??? boicot do pepeiro??? pero enton van parar a entrada de DROJAS polas ria??? pola costa nostra??? incluso en narco-submarinos e tamen en iates de luxo en vacacions... ou non frijoles???