O BNG cre que a reacción da dereita demostra o acerto de apoiar a investidura de Pedro Sánchez

O deputado Néstor Rego manterá o seu 'si' na segunda votación do martes.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 05/01/2020 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinalou este domingo, tras a primeira votación da sesión de investidura do candidato socialista Pedro Sánchez, que manterá o seu 'si' na segunda votación do martes porque o acordo de BNG-PSOE é bo para Galicia e pola responsabilidade de desbloquear a situación política ante o interese da dereita de que haxa unhas terceiras eleccións.

O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Néstor Rego, en rolda de prensa tras finalizar a segunda sesión do debate de investidura do candidato socialista á Presidencia de Goberno na XIV Lexislatura.. Jesús Hellín - Europa Press
O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Néstor Rego, en rolda de prensa tras finalizar a segunda sesión do debate de investidura do candidato socialista á Presidencia de Goberno na XIV Lexislatura.. Jesús Hellín - Europa Press | Fonte: Europa Press

Rego especificou que o vivido nestas primeiras dúas xornadas do pleno de investidura, "cunha dereita e ultradereita españolista" que busca unhas terceiras eleccións, son a proba de que a decisión do BNG de apoiar a investidura "é moi acertada".

"Grupos como Vox, PP e Ciudadanos pretenden impedir a liberdade de expresión no Congreso, pretenden calarnos a todos, e estaremos de fronte defendendo a democracia e as liberdades publicas", sinalou facendo alusión aos ataques á portavoz de Bildu polos seus comentarios sobre a Coroa.

Ademais, incidiu en que o acordo co PSOE é bo para a axenda galega porque dá solución a problemas sociais e económicos como a crise do sector naval e o das industrias electrointensivas que pon en risco miles de postos de traballo.

A xuízo de Rego, tamén suporá a reactivación da Lei de Dependencia, atenderase as desigualdades que sofren os retornados e contempla o traslado de Ence fóra da ría de Pontevedra, entre outras medidas.

Así, e a pesar de que alerta de que non coinciden totalmente co programa de Goberno presentado por PSOE e Unidas Podemos porque en moitas medidas sociais é pouco concreto ou queda a medio camiño, manterán o sentido positivo do seu voto.

"É un magnífico acordo que ademais supón avanzar na posición de estancamento entre Galicia e o Estado que o PP non foi capaz de desatascar en dez anos. A reacción airada de Núñez Feijóo ao coñecer o contido do acordo ten que ver con que un só deputado de BNG logrou o que tantos deputados do PP e a súa posición de presidente non foron capaces", apostilou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 Moine

Nom queda outra, todo o demais seria dar a chave a entrada ao tri-fascismo no governo. Há umha novela de Sartre “As maos sucias” que pranteia este dilema entre dous amigos, um comunista e outro um pogre-puro, recomendo ler-la.

1 Sentidiño

É teatro, e non é tan simple, pero si que é recomendábel. Presenta o militante parv.o que pensa que os xefes do partido son coma el, e ignora que en política todo vale...

2 El Ciz

Ferrolita preparada para alimentar o desencanto no país, o soe para adiar os acordos, a ultradereita condicionando e enrarecendo o ambiente. Un si a defensa dos intereses galegos e correcto no contexto, e unha mensaxe construtiva e centrada no pais

1 Gamela

Logo de marear durante un mes... AgoraRepúblicas abandona a Abstención de ERC e Bildu e descólgase cun SI a Pedro Sánchez !!! Rectificar é de sabios, agora falta ver que as promesas do mentiroso Pedro Sánchez cheguen a cumprirse algún día (?) Pero cando menos Galicia non vai facer o ridículo ! A Néstor Rego igual o botan da UPG (por vendido) ?

1 Aburridodegamela

Deixa as drogas ou o alcohol. Aburres. Se fas porque fas, se non fas por que non fas. Ti sempre gañas. Ti si que mareas. Cambia a gamela por un iate.

2 Gamela

O balandro o vai mercar Ana Pontón...non sei se aínda estará a subasta o Azor para que fagan política durante o verán con Bildu e ERC (Os que aburren son os que din unha cousa e fan sempre outra!) Próxima parada Monte Pío...

3 Bateiro

Esta gamela é a usan os fachas para os desembarcos dos narcos e os paseos de marcialito e albertito!!!