Desaparecida unha menor de 16 anos durante a Cabalgata de Reis de Ourense

A súa familia cre que non desapareceu por vontade propia.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/01/2020 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

Unha moza de 16 anos desapareceu a pasada tarde do 5 de xaneiro, véspera de Reis, na cidade de Ourense. Chámase Yaiza Hermida Dacosta, mide 1,65 metros, é de complexión delgada e ten o pelo ondulado. Así a describiron nas redes sociais as plataformas que se encargan de difundir a imaxe de persoas desaparecidas como ela.

Yaiza Hermida Dacosta, desaparecida a tarde da Cabalgata de Reis en Ourense.
Yaiza Hermida Dacosta, desaparecida a tarde da Cabalgata de Reis en Ourense.

Neste caso, o mesmo cartel explica que Yaiza vestía na tarde de onte un xersei a raias azuis, unha sudadera azul e un vaqueiro roto polo xeonllo.

Segundo explicaron fontes de SOS desaparecidos, a moza atopábase cos seus pais e a súa irmá gozando da Cabalgata de Reis da cidade. Nun intre foise xunto aos seus amigos e quedou en volver ao lugar onde estaba aparcado o coche máis tarde para regresar a casa cos seus pais e a súa irmá.

Máis tarde, entre as 19,30 horas e as 20,00 horas, a moza chamou á súa nai para dicirlle que se dirixía ao lugar onde quedaran. Os seus pais estiveron a esperar, pero Yaiza non apareceu.

Desde entón non saben nada dela, "non recibe os whatsapps, o móbil está apagado", relatou a súa irmá Jeniffer. Ademais, a súa familia cre que "non desapareceu por vontade propia porque se non, non estaría a falar" coa súa nai para dicir que estaba a volver ao coche, argumentan.

Por outra banda, a súa irmá tamén precisou que ao darse conta de que non volvía, a familia acudiu á Policía Local para dar aviso do ocorrido. Por este motivo, durante o día de hoxe os efectivos deste servizo, a Policía Nacional e voluntarios comezaron un operativo de procura.

Aínda que toda a familia vive en Pereiro de Aguiar, a procura céntrase na cidade termal, o último punto no que se viu a Yaiza. Igualmente, contactouse cos amigos cos que pasou a tarde na Cabalgata, e aseguraron á Policía que a mozo se despediu porque os seus pais a estaban esperando.

Os axentes tamén falaron con outro mozo co que Yaiza forq hai uns meses durante un día. "Unha pequena rebeldía", describiu a súa irmá. Con todo, o mozo asegurou que non sabe onde pode estar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta