Temas: OURENSE MORTE

Morre un home nunha rúa de Ourense debido a posibles causas naturais

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2020 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

Un home de 56 anos de idade faleceu na mañá deste martes na vía pública en Ourense, onde foi achado inconsciente, supostamente debido a causas naturais. Así o apuntaron fontes policiais, que indicaron que ás 8,15 horas deste martes a Policía Nacional recibiu o aviso da presenza dun home morto na vía pública.

Ambulancia do 061.
Ambulancia do 061.

O 061 enviou, tras recibir unha alerta ás 8,16 horas, unha ambulancia de soporte vital avanzado ao lugar, na zona da Praza Venus, pola presenza dun paciente inconsciente.

Finalmente o persoal sanitario, indicaron fontes do 061, confirmou o falecemento no lugar do home, identificado como J.J.J., de 56 anos de idade.

Temas: OURENSE MORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta