Tres persoas feridas ao chocar dous turismos en Gondomar

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2020 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas na tarde deste martes ao chocar frontalmente dous turismos na rúa Don Diego Sarmiento de Acuña, no municipio pontevedrés de Gondomar.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 15,00 horas e, debido ao impacto, unha muller tivo que ser liberada polos efectivos do GES de Val Miñor, ao quedar atrapada no interior dun dos vehículos accidentados.

Tras recibir o aviso dun particular, o persoal do CIAE 112 informou os Bombeiros do Porriño, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES do Val Miñor e á Policía Local. Ademais, o 112 Galicia tamén avisou do ocorrido aos Bombeiros de Vigo.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta