O persoal do servizo contra incendios afronta outro inverno sen roupa de traballo

A CIG insta a Xunta a equipar os traballadores, que levan máis de dez anos sen os uniformes adecuados para esta época do ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2020 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

A CIG instou á Xunta de Galicia a equipar o persoal do servizo público de defensa contra incendios forestais (SPIF) coa "imprescindible" roupa de traballo adaptada ás condicións climáticas do inverno.

Nun comunicado remitido aos medios, asegurou que hai máis de dez anos, desde tempos do goberno bipartito, que a Xunta non entrega uniformes deste tipo aos traballadores deste servizo.

"Lembramos que traballamos nun servizo de por se considerado periférico e que contamos cun servizo de penosidade. Ambos os factores demostran que andamos ao aire libre sexa cal sexa a estación do ano e sexan cales sexan as condicións climatolóxicas", sinala o comunicado.

Ademais, subliña que este servizo está considerado desde o ano 2015 como un servizo de emerxencias para todos os efectos. Ademais, lembra que desde o 2016 o persoal de extinción posúe a categoría profesional de bombeiro forestal, sendo o apoio a continxencias no medio natural e rural una das funcións que ten encomendadas.

Por todo iso, o sindicato censurou que a Xunta non queira activar "o que a propia lei marca" e "dotar dunha vez por todas" os profesionais cos materiais básicos necesarios para desenvolver os seus labores.

Bombeiros traballan na extinción de incendios forestais. BOMBEIROS DE NAVARRA
Bombeiros traballan na extinción de incendios forestais. BOMBEIROS DE NAVARRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta