Intelectuais e políticos lembran a Castelao no 70 aniversario da súa morte

A Fundación Castelao reivindica o seu legado como punto de encontro dos galegos e chama á unidade para impulsar un acto conxunto de homenaxe.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2020 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

Escritor, político, artista, intelectual. Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao dedicou a súa vida á causa de Galicia en todas as facetas que compoñen a súa polifacética biografía, e 70 anos despois da súa morte no exilio é lembrado de forma "indubidable" como a "gran figura" da construción de Galicia respectada desde todos os ámbitos sociais.

Este martes, no ano no que tamén se cumpre o centenario da Revista 'Nós', na que Castelao era director artístico, e da mostra na que se puido ver por primeira vez o seu traballo no 'Álbum Nós', intelectuais e políticos reuníronse na Igrexa de San Domingo de Bonaval para render homenaxe ao autor de Sempre en Galiza.

Miguel Anxo Seixas Seoane, vicepresidente e secretario da Fundación Castelao, foi o encargado de conducir o acto, no que reivindicou o simbolismo da figura do escritor e político, da que Galicia é "máis debedora", e aludiu especialmente ao seu papel no 'Álbum Nós' como "debuxante crítico" e "pensador", plasmando "o seu particular diagnóstico da realidade".

Neste sentido, incidiu en que Castelao, autodidacta, liberal e demócrata, era precisamente quen máis se diferenciaba do grupo de pensadores que estaba detrás desta publicación (coñecidos como a 'Xeración Nós'), na súa maioría conservadores e católicos. A pesar diso situouse como unha figura esencial que é necesario evocar neste centenario da revista.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou pola súa banda a importancia de "darlle a relevancia que tivo a súa persoa, a súa obra" como unha "referencia" nos acontecementos históricos que lle tocou vivir e que viviu "para Galicia e para a nosa terra".

Unha figura que tivo "un papel transcendental" na conformación da Galicia moderna, na vida política e cultural de España e na Galicia do exilio, do exterior, onde segue sendo unha referencia ética e cultural en todos os lugares nos que o seu percorrido vital deixou unha pegada.

UNHA "GRAN" HOMENAXE UNITARIA

O acto de homenaxe, que contou cunha ofrenda floral no lugar onde repousan os restos do intelectual, congregou a diversos representantes do panorama político e social galego, como o propio Valentín García, ou Teresa Táboas e Xesús Palmou.

A pesar diso, o propio Seixas Seoane considerou "curioso" que unha figura tan "indiscutible e incuestionable" por todos os sectores galegos non reciba unha homenaxe "colectiva" que conte cunha participación unitaria da sociedade.

Así, sentiuse responsable de non ser capaz de conseguir "esa amálgama de xente" e de representantes sociais, aínda que trasladou a súa vontade e desexo de lograr "nun futuro" un gran acto conxunto que permita conxugar todas as sensibilidades ao redor dun símbolo, o propio Castelao, no que todos teñen "cousas en común".

Ofrenda floral e acto de homenaxe a Castelao. XUNTA
Ofrenda floral e acto de homenaxe a Castelao. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 uu1

Citas do Sempre em Galiza da Castelao “Para nós, os galegos, afeitos a percorrermos o mundo e a conviver com todas as raças, o nacionalismo racista é um delito e também um pecado. Endejamais medimos os diâmetros do nosso crâneo, nem lho medimos a ninguém para ser admitido na nossa comunidade”, “O fator diferencial não é a raça, e a Terra, que faz que se tenham idioma, economia e uns hábitos peculiares”, “Não esqueçamos endejamais a Dinamarca. Neste país, modelo que devemos imitar...”. Castelao foi homenageado pelas associações de negros de Nova York em um momento em que a segregação racial não se punha em dúvida. Grande Castelao.

4 Asinosvai

Ja,ja, ja, tamén está por aquí o Calostrus

3 Alienao

Trolls de medio pelo, xa non vos fai caso nen deus.

1 Alienao

*nin

2 nostrus

Castelao se diferencia de Franco en que no consiguió tener el poder que tuvo éste, pero del resto es de la misma o peor calaña. Un señor que solo consideraba gallegos a los que hablaban gallego no podia ser buena persona ni buen gallego.

1 Xian do Sil

Castelao; un racista consumado, maestro del disparate y furibundo antidemócrata protagonista del pucherazo del estatuto de autonomía de 1936.