2019 pecha cunha baixada do 7% na creación de empresas

A Coruña sitúase á cabeza.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2020 | Actualizada ás 11:02

Comparte esta noticia

Galicia creou un total de 3.792 empresas ao longo de 2019, o que supón case un 7% menos que en 2018, segundo os datos que publica este mércores o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Case todas as sociedades mercantís constituídas en 2019 na Comunidade foron SL (3.792), mentres se crearon 12 SA e 20 do tipo doutras sociedades. O capital desembolsado para a posta en marcha destas empresas foi de 372,9 millóns de euros (315,2 millóns de SL e 57,4 millóns de SA).

A Coruña está á cabeza na creación de empresas (con 1.613), seguida de Pontevedra (1.465). A máis distancia atópanse Ourense (366) e Lugo (348). Por sectores, as empresas vinculadas ao comercio, os servizos de comidas e bebidas, así como á construción de edificios sobresaen en número.

As sociedades mercantís fusionadas en 2019 (60) foron 10 máis que en 2018. Mentres, as que se atopan en situación concursal crecen ata as 256, o que supoñen 56 máis que o ano anterior. As que realizan escisións son 13, tres menos que no exercicio anterior.

Imaxe de arquivo dun traballador. MINISTERIO DE TRABALLO - Arquivo
Imaxe de arquivo dun traballador. MINISTERIO DE TRABALLO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta