Temas: DRON XUNTA

A Xunta usará drons aéreos e acuáticos para o control da calidade de augas

Ethel Vázquez destaca que se obterán mostras "en tempo real", o que axudará a dar resposta a emerxencias como verteduras,

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/01/2020 | Actualizada ás 15:14

Comparte esta noticia

A Xunta usará drons aéreos e acuáticos para o control da calidade de masas de augas, no marco do proxecto MAR-2, que conta cun investimento de 2,5 millóns de euros. A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o conselleiro de Economía, Francisco Conde, asistiron no encoro de Eiras, en Fornelos de Montes (Pontevedra), a unha proba do funcionamento desta tecnoloxía.

Dron.
Dron.

Alí, a conselleira de Infraestruturas destacou que esta aposta pola innovación supón unha "optimización" dos recursos dispoñibles para conseguir unha mostra "máis eficaz". Así, poderase chegar a zonas de difícil acceso e con "información en tempo real", o que pode axudar á resposta ante emerxencias como vertidos a ríos ou ao mar.

Os drons serán tanto aéreos, para tomar mostras en encoros ou ríos, como acuáticos, co uso de pequenos barcos non tripulados que faciliten a recollida de mostras no mar ou zonas costeiras.

Os 2,5 millóns de investimento permitirán recorrer á compra pública innovadora para contratar o servizo de automatización de mostras con vehículos non tripulados. O proxecto proporcionará datos a diferentes departamentos da Xunta como Augas de Galicia, a Consellería do Mar ou o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

A modo de exemplo, Ethel Vázquez explicou que este sistema facilitará a toma de mostras no encoro de Eiras --que dá auga a veciños da área metropolitana de Vigo--, onde se fan 700 analíticas anuais.

Pola súa banda, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, remarcou que este uso de drons é unha proba máis do auxe do sector aeroespacial galego, que leva máis de 164 millóns de euros en investimentos en máis de 35 proxectos (entre eles o de MAR-2).

A continuación, puxo en valor o emprego da ferramenta da compra pública innovadora, á vez que eloxia a madurez tecnolóxica alcanzada en Galicia.

Temas: DRON XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta