Desaloxan un centro de menores por unha fuga de monóxido de carbono en Oleiros

Explotou unha tubaxe na sala de caldeiras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2020 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

Unha fuga de monóxido de carbono levou a desaloxar un centro de menores no municipio de Oleiros tras explotar unha tubaxe na sala de caldeiras, pero non houbo feridos.

Os bombeiros interveñen nun incendio
Os bombeiros interveñen nun incendio | Fonte: Miguel Núñez

Segundo informou o 112 Galicia, neste caso non se rexistraron danos persoais, pero o centro foi evacuado por precaución polos propios traballadores.

Os feitos tiveron lugar sobre as 19,30 horas deste mércores, momento no que un traballador do centro chamou ao 112 Galicia para avisar de que a alarma do centro saltou despois de escoitar unha explosión. Ademais, indicou un forte cheiro que, posiblemente, se trataba dalgún tipo gas.

Por iso, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia alertouse aos Bombeiros de Arteixo e aos axentes da Garda Civil, Policía Nacional e Local, así como aos profesionais sanitarios, por se fose precisa a súa intervención. Do mesmo xeito, os técnicos da empresa subministradora do gas foron informados.

Así mesmo, solicitouse a colaboración dos membros do servizo de emerxencias da localidade que, unha vez no lugar, confirmaron a presenza do gas, en concreto monóxido de carbono, polo que procederon ao corte da subministración de luz e gas e ventilación do lugar.

Unha vez finalizadas as tarefas, os Bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que foi a rotura das tubaxes da sala de caldeiras o que provocou a fuga.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta