Temas: TURISMO

Galicia coordinará en 2020 as actividades das autonomías que conforman a marca 'España Verde'

Forman tamén parte da iniciativa Asturias, Cantabria e Euskadi, ademais de representantes de Turespaña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2020 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

Galicia será a comunidade encargada de coordinar ao longo do 2020 as actividades conxuntas da marca 'España Verde', na que se inclúen tamén autonomías como Asturias, Cantabria e Euskadi, ademais de representantes de Turespaña.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto a outras representantes autonómicas na reunión da 'España Verde'.. XUNTA
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto a outras representantes autonómicas na reunión da 'España Verde'.. XUNTA | Fonte: Europa Press

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou este venres en Bilbao nun encontro con representantes da 'España Verde'. Nesta reunión avanzouse nas accións que a Administración galega levará a cabo como coordinadora da marca este ano. O traspaso de poder terá lugar de maneira oficial na próxima edición da Feira Internacional de Turismo (Fitur), en Madrid, durante a segunda quincena de xaneiro.

Ademais, explica a Xunta, durante este encontro en Bilbao púxose de manifesto a "positiva evolución" da promoción da 'España Verde' en 2019, cando se intensificou o seu posicionamento internacional en mercados de Italia, Reino Unido e Países Baixos, entre outros.

Tamén se analizou o impacto das accións relacionadas co 30 aniversario da marca, que se traduciu nunha viaxe promocional no Tren Transcantábrico, que finalizou en Santiago de Compostela.

Temas: TURISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta