Animalistas denuncian un incremento de abandonos en Galicia do 23% dende 2017

Libera detectou un "posible aumento" de cans de caza que "ou ben son vendidos de forma ilegal nun primeiro momento, ou abandonados á súa sorte".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2020 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

O abandono animal en Galicia aumentou un 23,16 por cento respecto dos datos de 2017, segundo a asociación animalista Libera. Isto supón un incremento por terceiro ano consecutivo, que en 2017 se situaba en 19.000 casos, en 2018 rexistraron 22.000 e 2019 contou con 23.400.

Así o constataron os defensores dos animais tras "unha análise das redes sociais" durante o pasado ano, ademais do número de intervencións ou rescates de animais abandonados realizados por particulares, entidades protectoras ou canceiras en Galicia, segundo explicou a entidade este domingo mediante un comunicado.

Así mesmo, Libera detectou un "posible aumento" de cans de caza que "ou ben son vendidos de forma ilegal nun primeiro momento, ou abandonados á súa sorte", segundo declararon protectoras de Vilagarcía de Arousa  ou unha canceira da Coruña que recibe cans extraviados nos montes da Zapateira.

A este respecto, mostraron a súa preocupación ante estes datos que, sinalaron, é un "problema público" xa que "unha acción delituosa dun particular xera un gasto ao conxunto da cidadanía".

A asociación estimou que cada animal recollido supón un gasto de entre 300 e 400 euros destinados á súa recollida, manutención, atención veterinaria básica e identificación. Ademais, advertiu que o abandono "pode crear problemas graves como accidentes" mentres que a gran maioría destes sucesos "quedan impunes".

POLÍTICAS PREVENTIVAS

Ante esta situación, os animalistas mostraron posibles solucións como aumentar o orzamento dirixido a concellos e entidades sen ánimo de lucro que, segundo Libera, estableceuse en 2020 en 125.000 euros para un total de 390 posibles participantes.

Ademais, propuxeron investir en campañas de sensibilización e esterilización de animais para reducir así "a cantidade de camadas indesexadas" como xa realizan países como Portugal ou Países Baixos, ou tamén programas como Convivencia Responsable e Escola Animal que, sinalaron, Libera xa leva a cabo en Valladolid e Sabadell, respectivamente.

Can con desnutrición e extrema delgadez intervido pola Garda Civil de Santiago, que investiga por abandono animal a un veciño de Ames. GARDA CIVIL
Can con desnutrición e extrema delgadez intervido pola Garda Civil de Santiago, que investiga por abandono animal a un veciño de Ames. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta