Tres falecidos nunha fin de semana que rexistrou 47 accidentes de tráfico

A provincia da Coruña foi a que rexistrou máis accidentes, con 21.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2020 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu durante o fin de semana a 62 persoas debido a 47 accidentes de tráfico rexistrados na rede viaria galega, das que tres morreron.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 10 de xaneiro e as 23,59 horas do domingo 12 un total de 60 chamadas en relación con accidentes de tráfico. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado, con 26 sinistros.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 59. Deste xeito, en concreto, as ambulancias realizaron 54 saídas e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en cinco accidentes.

En 47 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 12 ocasións recibiron atención no lugar do incidente e tres faleceron no punto do sinistro. A proporción de homes atendida ascendeu ao 61 por cento e a de mulleres reduciuse ao 39%. En canto ás idades dos feridos, o 37% dos asistidos tiña entre 35 e 49 anos.

Por provincias, a da Coruña rexistrou máis accidentes, con 21, durante os desprazamentos do fin de semana; seguida de Pontevedra, con 19; Ourense, con cinco; e Lugo, con dous.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta