A nova ministra Yolanda Díaz afirma que vén "coa forza da rúa" para derrogar a reforma laboral do PP

A titular de Traballo e Economía Social aposta polo "traballo, pero con dereitos".

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 13/01/2020 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

A nova ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, situou a loita contra a precariedade laboral como o principal obxectivo do seu Departamento nesta lexislatura, polo que apostou claramente por derrogar a reforma laboral de 2012. Así o sinalou a nova ministra durante o acto de toma de posesión da carteira de Traballo e Economía Social, que recibiu de mans de Magdalena Valerio, "a súa ministra preferida", en palabras da propia Díaz.

A exministra de Traballo, Magdalena Valerio (esq), pousa xunto á nova ministra de Traballo, Yolanda Díaz (centro), durante o traspso da carteira, xunto ao novo ministro de Seguridade Social, Inclusión e Migracións, José Luís Escrivá (dech)
A exministra de Traballo, Magdalena Valerio (esq), pousa xunto á nova ministra de Traballo, Yolanda Díaz (centro), durante o traspso da carteira, xunto ao novo ministro de Seguridade Social, Inclusión e Migracións, José Luís Escrivá (dech) | Fonte: Marta Fernández - Europa Press.

A nova ministra de Traballo empezou o seu discurso denunciando a morte dun extraballador de Metro de Madrid por exposición ao amianto e, precisamente, indicou que combater os accidentes e enfermidades laborais tamén será unha prioridade do seu Ministerio.

Díaz, que sinalou que vén "con forza e coa forza da rúa", fixo súas as palabras de Valerio acerca de que o Ministerio de Traballo é "o ministerio das persoas". "Detrás dos números hai persoas. A xente, primeiro", salientou.

Neste sentido, subliñou que combater a precariedade será o seu principal obxectivo e que, de feito, "debería ser o principal obxectivo do país". Así, tras sinalar que debe derrogarse a reforma laboral, Díaz apostou polo "traballo, pero con dereitos".

"Fronte á precariedade, traballo decente; fronte aos baixos ingresos, salarios que permitan vivir en dignidade", apuntou Díaz, que tamén avogou por combater a discriminación mediante unha igualdade "efectiva e real" e por axudar aos autónomos e á economía social.

"COA MAIORÍA TRABALLADORA"

A nova ministra fixo mención ao exemplo de "dignidade, perseveranza e compañeirismo" que supuxo o seu pai (sindicalista de CCOO) e outras persoas da súa xeración, como Ignacio Fernández Toxo, exdirixente deste mesmo sindicato que acudiu á toma de posesión de Díaz.

"Foron un exemplo de loita. Sempre están coa maioría traballadora e espero estar á súa altura", dixo a titular de Traballo, que finalizou o seu discurso dando as grazas ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e a vicepresidente segundo, Pablo Iglesias, pola súa "confianza e audacia" na formación dun Goberno plural e de progreso.

Díaz tomou posesión da súa carteira ao mesmo tempo que José Luís Escrivá, que recibiu tamén de mans de Magdalena Valerio a carteira de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, ao separarse en dous o Ministerio que na anterior lexislatura dirixía Valerio. Esta, bastante emocionada, chanceou con esta división e sinalou que, no canto dun, nesta lexislatura haberá "dous ministerios das persoas".

Valerio, que agradeceu especialmente a colaboración dos axentes sociais durante a súa etapa como ministra, destacou de Escrivá a súa "profunda experiencia e especial sensibilidade para as cuestións sociais máis cadentes" e de Díaz, a súa "enerxía, entusiasmo e coñecemento".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Isidro

Parecía que non podía haber un perfil máis baixo de MInistra de Traballo que o de Fátima Báñez, pero con Yolanda Díaz se amosa que aínda podía ser máis baixo : http://www.galiciaconfidencial.com/...

2 Mal asesorados

Xa falan de "los aspeztos más lesivos" nada máis... Iso se non tes que dimitir esta mesma semana cando che saquen o do asesor.

1 Multinick

Trolls villaristas e pontonistas a desafogar frustracións en 3, 2, 1...