Ciudadanos reorganizase para tentar manter o seu poder en Galicia

Beatriz Pino, nova portavoz de Cs Galicia e Laureano Bermejo continúa como máximo responsable da formación galega.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/01/2020 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

A Comisión Xestora Nacional de Ciudadanos (Cs) nomeou este luns a Beatriz Pino como nova portavoz do Comité Autonómico da formación en Galicia.

Beatriz Pino e Laureano Bermejo presentan as  novas incorporacións á Executiva Nacional do partido
Beatriz Pino e Laureano Bermejo presentan as novas incorporacións á Executiva Nacional do partido | Fonte: Cs

Así o informou Cidadáns nun comunicado, no que explica que a xestora da formación designou ao resto de secretarios autonómicos da estrutura galega "para dar continuidade á xestión do partido".

Xunto á nova portavoz de Cs, a organigrama da formación liberal en Galicia complétase coa incorporación de José Araujo, como secretario de Acción Institucional; Javier Alonso, como responsable da Secretaría de Comunicación autonómica, e Miguel Pardo de Vera, á fronte da secretaría de Programas en Galicia.

Mentres, confirma Cs, Laureano Bermejo "continúa como máximo responsable de organización da formación Galicia" e María Vilas, á fronte da Secretaría de Relacións Institucionais autonómica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

¿ E qué poder ten CS en Galicia ? Desde logo, prácticamente ningún.