Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/01/2020 | Actualizada ás 10:19
A Comisión Xestora Nacional de Ciudadanos (Cs) nomeou este luns a Beatriz Pino como nova portavoz do Comité Autonómico da formación en Galicia.
Así o informou Cidadáns nun comunicado, no que explica que a xestora da formación designou ao resto de secretarios autonómicos da estrutura galega "para dar continuidade á xestión do partido".
Xunto á nova portavoz de Cs, a organigrama da formación liberal en Galicia complétase coa incorporación de José Araujo, como secretario de Acción Institucional; Javier Alonso, como responsable da Secretaría de Comunicación autonómica, e Miguel Pardo de Vera, á fronte da secretaría de Programas en Galicia.
Mentres, confirma Cs, Laureano Bermejo "continúa como máximo responsable de organización da formación Galicia" e María Vilas, á fronte da Secretaría de Relacións Institucionais autonómica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.