Onde se teñen que tratar os lodos contaminados do dragado do Lérez?

A Cámara pide á Xunta que estes lodos sexan tratados en terra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2020 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

A Cámara galega, por unanimidade dos grupos, instou á Xunta a elaborar unha proposta para a retirada e tratado en terra dos lodos procedentes do dragado do río Lérez que sexan potencialmente contaminantes ou que non poidan ser empregados na rexeneración doutras zonas da ría.

A proposición non de lei, presentada polo Grupo Parlamentario do BNG na Comisión 2ª da Cámara autonómica, saíu adiante co respaldo de todos as forzas con presenza no Pazo do Hórreo.

Ademais, tamén na Comisión 2ª celebrada este mércores, os grupos acordaron solicitar á Xunta que acometa os traballos necesarios para garantir a seguridade na estrada de titularidade autonómica LU-636 que une as localidades de Sarria e Becerreá.

Actividades de dragado
Actividades de dragado | Fonte: Arco Iris

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta