A Xunta solicita unha reunión con Renfe para abordar as incidencias nos servizos

A Xunta tamén expresará a necesidade de coñecer os plans definitivos do operador sobre os servizos de venda de billetes en estacións de menor tamaño.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2020 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

A Xunta informou este xoves da solicitude dunha reunión coa operadora Renfe para abordar "os incidentes rexistrados" na prestación dos servizos ferroviarios de Galicia.

Así, o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, manterá unha reunión co responsable de Renfe en Galicia, Javier Pérez, na que lle trasladará a preocupación da Administración autonómica pola situación de "sucesivos problemas" que se rexistraron, "relacionados tanto co material rodante como coa infraestrutura".

A Xunta mantén "como asunto prioritario" a defensa dos servizos ferroviarios que se prestan en Galicia e realiza "un seguimento continuo tanto das incidencias como das obras, os cambios de horarios ou as solicitudes de viaxeiros", explica o Goberno galego.

Na reunión proposta, a Xunta tamén expresará a necesidade de coñecer os plans definitivos do operador sobre os servizos de venda de billetes en estacións de menor tamaño, unha vez comunicada a decisión de mantelos de forma presencial como unha medida "provisional". A Administración galega considera que eliminar esa atención presencial aos viaxeiros supón "ir contra os principios de mantemento de servizos de calidade e proximidade aos cidadáns no rural".

Interior dun tren de Renfe. RENFE - Arquivo
Interior dun tren de Renfe. RENFE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta