Poden ser estes os mellores sitios para comer croquetas en Galicia?

No Día Internacional da Croqueta facemos un repaso por algún dos mellores lugares do país nos que poden ser degustadas. Se tes algunha outra suxerencia sempre é benvida.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2020 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

Non se sabe exactamente quen impulsou o Día Internacional da Croqueta, pero como isto non fai dano ningún, non imos ser nós quen nos queixemos. Aínda que a súa orixe é francesa, os galegos tamén sabemos cociñar este prato con máis de 200 anos de historia. Croquetas de polbo, de grelos, de lacón, de marisco... En Galicia soubemos adaptar ben o producto estranxeiro ás ofertas da nosa terra. 

Croquetas. - Arquivo
Croquetas. - Arquivo

Con todo, aquí mostrámosche algúns dos mellores lugares de Galicia para comelas. Para preparalas é clave a fritura, o rebozado e o bechamel. Xa sabemos que como as da casa ningunhas, pero para ti, cal é o mellor lugar para tomalas?

  • Vigo. No barrio de Bouzas, no bar O Croque, levan máis de 10 anos especializados ás croquetas e contan con máis de 15 variedades. Entre as máis sorprendentes, están as de ovos con chourizo, as de aceitunas ou as de gazpacho.
  • A Coruña. A  Croqueta y presumida é o paraíso para os amantes deste snack. De chuletón, fungo Boletus ou queixo Idiazábal son os sabores más únicos dos que dispoñen. Teñen ata 14 variedades de croquetas.
  • Lugo. No Mesón do Campo só teñen dúas de variedades: as de xamón de toda a vida e de zamburiñas e ourizo de mar. O seu segredo é o rebozado, o 'panko', de orixe xaponés, fainas máis lixeiras.
  • Ourense. Saíndo do casco vello da cidade atopámonos co Café Bar Beker. Teñen de diferentes variedades, mais destacan por ser "as de toda a vida".
  • Santiago de Compostela. Ao carón da Praza de Galicia atopamos o Boca a Boca. Teñen dúas variedades: de carne e vexetarianas. Van cambiándoas a medida que cambian a carta. Algunhas das máis destacables son as de pemento asado ou de cabaza e cogomelos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta