Feijóo presume en ano electoral da subida do salario de 100.000 funcionarios

Di que a Xunta aplicará xa en xaneiro estas subidas retributivas pactadas en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2020 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

Este 2020 é ano electoral en Galicia. E no segundo Consello da Xunta, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, non dubidou en presumir de subas salariais a todos os funcionarios públicos da Administración Galega.

Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa do Consello. XUNTA
Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa do Consello. XUNTA

Así, e na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta dixo que fará efectivo de inmediato "todo aquel incremento retributivo que non necesite cobertura estatal" --en referencia á alza do 2% pactada e pendente para todos os funcionarios do conxunto de España--, polo que uns 100.000 empregados galegos verán xa nas nóminas deste mes as subidas acordadas no ámbito autonómico.

"Empezamos a aplicar estas subidas en 2020 sen esperar ao Goberno central porque temos autonomía para facelo", remarcou, para engadir que, en canto o Executivo estatal autorice a vía para aplicar o incremento do 2%, a Xunta tamén a fará efectiva de inmediato e desde o 1 de xaneiro, polo que se abonarán tamén os atrasos desde este mes.

CANTIDADES E COLECTIVOS

Feijóo precisou que estes incrementos afectan aos distintos colectivos de empregados públicos da comunidade (traballadores da Administración xeral, do Sergas, do ensino público e da xustiza) e precisou que, a tal fin, nos orzamentos de 2020 resérvanse 140 millóns de euros.

Así, e segundo suliñou o presidente galego, os 20.000 empregados do Sergas terán un incremento anual no seu salario de entre 1.227 e 305 euros en función da súa categoría. A maiores, o persoal de medicina e enfermaría dos PAC aumentarán os pluses de nocturnidade. Así, os médicos pasarán a cobrar de 4,9 euros a hora, a 25,6 e os enfermeiros, de 3,8 euros a hora a 16,7 euros.

Por outra banda, os 11.500 funcionarios da Administración Xeral pasarán a cobrar entre 822 e 382 euros e os 30.00 de educación 350 euros máis. Pola súa banda os 2.200 funcionarios de xustiza aumentarán o seu salario anual entre 344 e 300 euros, segundo as categorías, e 500 axentes forestais e medioambientais dependentes da Xunta, entre 865 e 716 euros. Finalmente, os traballadores do consorcio de Igualdade e Benestar, uns 2.000, pasarán a cobrar entre 1.268 e 812 euros ao ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 maria torre almon

non e correcta a noticia!! q non vendab o que non é. Ata o 2021 os traballadores do Psc non recibiremos o mesmo trato en canto o complemento de nocturnidade e festividade. Durante anos non se percibiu ou o fixemos menguado, no 2010 tiñamos q oercibir o 100% sgún o noso acordo do 2008. Tivenos q facer unha folga para pedir o que xa estaba asinado. Acadamos q no 2020 nos paguen unha parte e será no 2021 (esperamos) que cheguemos o 100% do complemento como o teñen o resto dos traballadores q fan noites e festivos. Esto tiña q cobrarse drnde o 2010!!! e miren!!! non ten cara ter retroactivo !! e estamis a falar duns 1300 euros anuais q no cafo das enfermeirad deixamos de percibir!!! 1300 x 10 anos!!! fagan contas!!!! x non sumar o que deuxamos de oercibir dacarreira profesional bloqueada etc etcentón q non vendan a gloria, empezan a “devolver” o que é noso dende o 2010!!!!!

3 Maria Jesus

Esta noticia es FALSA, ya lo comente hace unos dias pero como veo que no aparece... lo intento de nuevo. Medicos pasan a cobrar de 4,07 euros /noche a 4,87 (No 25)!!! Enfermeria pasan a cobrar de 2,60 eur/noche a 3,77( no 16)!!! Esto no es una subida, es lo que les deben desde el 2010 !!! Y en 2021 si las cosas van bien les pagaran el 100%., que quedara asi: Medicos noche: 5,07 euro/ noche Enfermeria noche; 4,07 euro/ noche Se puede comprobar en Dog de junio 2008 y en acuerdo de fin de huelga. Informen bien, gracias

1 xurxosalgado

Pode, por favor, facilitarnos un teléfono de contacto a info@galiciaconfidencial.com??? Os sindicatos non acaban de informarnos sobre estaes datos que vostede apunta. Un saúdo

2 maria torre almon

Chus tienes toda la razón!! gracias

2 anonimo

Parruliño,sempre splica aquelo...TODO O QUE VEN A REDE TODO E PEIXE....

1 Empeza o baile

Eleccións en maio