O CIS sitúa o PSOE como primeira forza en Galicia se se celebrasen de novo eleccións xerais

Un 21,6% dos galegos di que a situación en Cataluña tivo influencia no seu voto o 10N.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2020 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

O PSOE sería primeira forza en Galicia se se celebrasen de novo outras eleccións xerais, segundo o estudo postelectoral realizado polo CIS e publicado este xoves. O PP foi o partido máis votado nas eleccións do 10 de novembro en Galicia, co PSOE a escasa marxe. Previamente, nos comicios xerais de abril os socialistas conseguiron ser a forza máis votada por primeira vez nuns comicios.

Abel Caballero, Pedro Sánchez e Gonzalo Caballero
Abel Caballero, Pedro Sánchez e Gonzalo Caballero | Fonte: © Miguel Núñez.

No último estudo do CIS, realizado en decembro de 2019, á pregunta de se se volvesen a celebrar eleccións xerais a que partido votaría un 22,4% dos enquisados responde que ao PSOE, pouco máis dun punto por enriba do PP (21,2%). Estes datos publícanse a comezos dun 2020 no que haberá eleccións autonómicas en Galicia.

Tras eles, en terceiro lugar atópanse En Común-UnidasPodemos (8%), seguido de BNG (4%), Vox (2,4%), Ciudadanos (2%), Pacma (1,2%) e un 0,2% responde a outro partido. Un 13,2% non votaría, mentres preto dun cuarto dos enquisados non sabe ou non contesta ou votaría en branco.

Pola súa banda, se á pregunta de a que partido votaría se suma a simpatía por esa formación de cara a outras xerais, o PSOE (28,4%) aumenta en Galicia a súa distancia co PP (24%), ata máis de catro puntos.

Nesta cuestión (de voto máis simpatía) En Común-Unidas Podemos (8,4%) tamén sería terceira forza en Galicia, con Ciudadanos neste caso en cuarto lugar (4,8%), seguidos de BNG (4%), Vox (3,2%) e Pacma (2%).

OUTRAS CUESTIÓNS

Nun informe de preto de 200 páxinas, o CIS realiza multitude de preguntas potselectorais. Por exemplo, cuéstionase se a situación en Cataluña tivo influencia no voto. Un 21,6% dos galegos enquisados contesta que si, mentres un 78,4% responde que non.

Sobre se a exhumación de Franco tivo algunha influencia no seu voto, un 5,2% dos galegos enquisados responde que si, mentres máis dun 94% di que non.

Noutra orde de cousas, o paro sitúase como a principal preocupación para os galegos (un 38%), seguida dos políticos (26%) e os problemas económicos (10%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 gorki

non creo nada... asi preparan os grandes poderes de expañol as eleccions autoanemicas!

1 Caselas

Na autoanemia colabora desde a entreguista Anova (coa FPG "soberanista"que se agacha ante o PcEspañol e os señoritos 'expanois' de Podemos), até o BNG que exerce como marca branca do PsoEspañol. Temos para colleitar o que antes sementamos! E o problema principal nos son os que se senten 'expañois", por moi noxentos supremacistas que sexan, senón os galegos que se venden para servir aos 'expañois' a cambio de chupar e cobrar para domesticarnos facendo un paripé de oposición. Píllalo? Pois dispara contra o que de verdade te despista: o inimigo farsante está moi próximo!

2 Canta claro home

O que pillamos hai tempo é que es louzanista. Louzán que opina de todo isto

3 Caselas

Louzán, o candidato único, tamén do BNG, á Federación Galega de Fútbol? Si, homiño, tamén o voso candidato despois de coñecer o seu pasado! Vós sodes os que branqueades aos podres, a cambio de que? Ti saberás...

4 LKI

Caselas, se Anova for "entreguista" non levaría desde que se fundou no punto de mira dos poderes fácticos e dos seus medios de propaganda (La Voz, El Correo, Progreso, ABC). Si, os mesmos medios que levan ao BeNeGá baixo palio: http://www.galiciaconfidencial.com/...

5 Caselas

É evidente que Anova e En Marea hoxe non lle interesa ao sistema e aos seus medios. Noutrora si, para desfacer o BNG déronvos espazo (igual que hoxe llo dan ao BNG: xogan con vós para debilitar e dividir a oposición, logo BNG e Anova sodes cómplices no xogo). Se xa pasou co bipartito, pasou coas alcaldías do cambio, logo plántadelle cara a La Voz de su Amo ou asubiade! E, por favor, lembra que tedes un socio vendido (PcE-IU) e outro mediático potenciado polo sistema: falo de Podemos e do grupo Planeta (o de La Sexta, que é A3 Media, e que é La Razón). Así que ben sabedes quen vos alimentou...

6 Orduño

Anova nunca tivo o apoio de ningún medio. Iso nunca sucedeu. Iso é un fake que só existe, ou ben na invención dos blocallos resentidos, ou ben na imaxinación dos haters antitodo. Coido que o tal Caselas é un dos primeiros que se fan pasar por un dos segundos.