O temporal deixa 400 incidencias en Galicia: vivendas alagadas, árbores caídas e filtracións nos xulgados de Ferrol

Choivas con máis de 100 litros por metro cadrado en Zas e a illa de Sálvora

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2020 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Galicia rexistra preto de 400 incidencias polo temporal, nunha xornada con alerta laranxa con fortes choivas que deixan máis de 100 litros por metros cadrados nos municipios de Ribeira —na illa de Sálvora— e Zas —Coto Muíño—, así como ventos de ata 140 quilómetros por hora en Vimianzo.

Alameda de Santiago cortada polo temporal
Alameda de Santiago cortada polo temporal | Fonte: Europa Press

A caída de árbores e pólas nas vías de circulación (55), accións de prevención de risco (48), inundacións en garaxes (44), bolsas de auga nas estradas (32) e vivendas alagadas (32) foron os incidentes que máis se repetiron, segundo informa o 112 Galicia.

Así mesmo, os xulgados de Ferrol padeceron filtracións nun lucernario, mentres a Xunta sinala que operarios traballaban para o seu arranxo. Todo o perímetro foi acordoado para evitar accidentes.

Por provincias, a máis afectada foi A Coruña, onde se alcanzaron as 218 incidencias. Pontevedra sumou 109; seguida de Lugo, con 33; e Ourense, con 13.

Ademais, o voo 532 de Iberia procedente de Madrid e cuxo destino era Vigo foi desviado ao aeroporto de Santiago de Compostela para a súa chegada sobre as 13,00 horas.

En canto aos concellos, destacan o de Santiago de Compostela e o de Ribeira con 22 incidencias, respectivamente; Porto do Son, con 18; e A Pobra do Caramiñal e Ferrol, con 12 en cada un deles.

Na provincia de Pontevedra, Vigo alcanzou as 12, O Grove sumou seis e na Estrada e Sanxenxo foron catro. En Lugo, no Concello de Monforte de Lemos rexistráronse cinco incidentes; seguido de Pantón (tres) e Cervo (dous). Por último, na provincia de Ourense, A Peroxa, A Gudiña e Taboadela rexistraron un incidente en cada un deles.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta