O PP critica a protesta de PSOE na Baña por falta de pediatra continuo e defende que os nenos teñen un a 7 quilómetros

O Partido Popular da provincia da Coruña criticou aos socialistas que o pasado xoves se concentraron no concello da Baña (A Coruña) para reclamar un servizo de pediatría continuo no centro de saúde.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2020 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

O Partido Popular da provincia da Coruña criticou os socialistas que o pasado xoves se concentraron no concello da Baña (A Coruña) para reclamar un servizo de pediatría continuo no centro de saúde.

Pediatra.
Pediatra.

Para os populares, os alcaldes socialistas deberían "preocuparse máis por gobernar" que por "criticar o sistema sanitario" xa que, ao seu xuízo, "para atender á esta poboación" o Sergas conta cun pediatra que atende dous días á semana (martes e xoves) e que, en todo caso, "a maioría de nenos da Baña dispoñen dun pediatra a menos de 15 minutos desde o seu domicilio en coche" aínda que "estea ausente o seu pediatra" no municipio.

Desta maneira, o PP da Coruña cre que "as situacións clínicas que o requiran e non poidan ser atendidas na Baña" serán atendidos no centro de saúde de Negreira "a menos de sete quilómetros do centro da Baña" ou en Santa Comba "a menos de 15 minutos, onde sempre hai pediatra".

Tamén explicaron que "non existen demoras" na atención deste servizo no municipio, que ten inscritos 263 nenos e nenas con cartón sanitario,"70 menos que hai cinco anos".

Por todo isto, entenden que se demostra que "a atención sanitaria é unha das prioridades do Goberno da Xunta" que se "constata" no incremento do investimento "que se produce cada ano" e que queda reflectida nos "índices comparativos co resto de comunidades autónomas".

Desde a súa perspectiva, as declaracións dos socialistas "tratan de confundir a xente con mentiras que agochan a súa falta de xestión nas administracións que gobernan".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 me cansan los politicos

La gente se traslada en coche al centro comercial... pero no puede trasladarse a 7 km al pediatra ?? estamos locos o que ?? . Ante la carencia de pediatras ( no salen del horno.. salen de la facultad y posteriormente de una prueba MIR) lo lógico será centralizar los servicios y no politizarlos por el alcalde de turno .