Villares aposta por unha gran fronte electoral para "non despediciar ningún voto" e derrotar a Feijóo

Avanza que En Marea estará nas galegas, ben en solitario ou nunha alianza na que as siglas "non serán un problema". De feito, cre "interesante" poder alcanzar acordos co Bloque e está convencido de que Feijóo pode perder a Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2020 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares (Lugo, 1978), estende agora a súa oferta ao diálogo a Podemos Galicia para configurar unha candidatura unitaria para as eleccións autonómicas, nas que asegura que estará En Marea, ben en solitario ou nesa hipotética alianza de forzas progresistas de Unidas Podemos, Anova, BNG ou a propia En Marea, se chegara a cuallar.

Nunha entrevista en Europa Press, o maxistrado lucense confesa que está disposto a apartarse se iso favorece "crear as condicións" para articular "unha alternativa" ao PP "con oportunidades de éxito" Ademais, afirma que En Marea non imporá que as súas siglas gocen de visibilidade, a condición de que se respecten os seus principios programáticos.

"Non somos patriotas de siglas. Temos prioridades de programa pero somos capaces de chegar a acordos. E estamos en disposición de falar con espazos políticos cos que tivemos situacións dolorosas no pasado. Creo que non se nos pode pedir máis", subliñou Villares, que está "convencido" da posible saída do Partido Popular da Xunta, aínda que avisa de que "non está todo feito".

O portavoz do grupo mixto na Cámara galega cre que o proxecto de En Marea --que define como "máis social" que o do PSOE e cunha concepción da nación galega "moito máis ampla" que a do BNG-- "merece ser testado nas urnas", polo que descarta repetir nas autonómicas a decisión tomada o pasado outono, cando, tras non frutificar as conversacións para a súa inclusión nun proxecto de unidade, o partido de Villares optou por non concorrer ás xerais para así "non contribuír" á fragmentación nas urnas das opcións progresistas .

Para o xuíz en excedencia, a alternativa ao PP en Galicia "por forza ten que ser plural", polo que o entendemento das distintas forzas do centro esquerda terá que darse "antes ou despois" das eleccións nas que asegura que estará En Marea. "Iso témolo moi claro, si", resaltou.

Deste xeito, Villares defende que o "proxecto" de En Marea "achega algo positivo ao panorama político do país", polo que pretenden que o seu programa "estea nas eleccións", ben como candidatura en solitario ou "coaligado con outras formacións" para "ser máis eficaz" e evitar así a penalización da lei electoral "nunha división provincial".

"Gustaríame que non se desperdicie ningún voto e que sexamos eficientes buscando alianzas que nos interesan a todos. Iso é algo que no panorama político non todo o mundo está a entender. Chegar a acordos non nos interesa só a nós. Interésalle aos posibles socios desa gran alianza, porque aquí nos vai facer falta todo para derrotar á dereita", aseverou.

TENDE A MAN A PODEMOS

Menos dun mes despois de que excluíse da súa chamada ao diálogo ás organizacións de "dependencia" estatal, o portavoz de En Marea asegura que están dispostos a "falar con todo o mundo, por suposto tamén con Podemos", aínda que puntualiza que "o modo de relacionarse" debería "ser diferente" porque "no pasado non funcionou".

"Por encima das feridas do pasado está a construción dunha alternativa de futuro", sinalou Luís Villares nunha entrevista en Europa Press na que desliga o "proceso de separación" vivido en En Marea da construción dunha alternativa ao PP en 2020. Ademais, desliza que estaría disposto a apartarse se iso favorecese o diálogo entre as distintas organizacións.

"O fundamental é establecer unha alterantiva clara que teña a posibilidade de derrotar á dereita e a (Alberto) Núñez Feijóo. Esa é a prioridade. A partir de aí, aquilo ao que se deba renunciar ou que se teña por irrenunciable, debe ser flexible", respondeu Villares á pregunta de se estaría disposto a apatarse.

O portavoz de En Marea, Luís Villares, en rolda de prensa. EN MAREA
O portavoz de En Marea, Luís Villares, en rolda de prensa. EN MAREA

Con todo, Luís Villares asegura que a decisión de ser candidato ás eleccións autonómicas "non é individual", xa que dependerá do Consello das Mareas, máximo órgano de dirección do partido, e das bases da organización. "Estarei onde me queiran colocar os militantes de En Marea e onde poida ser máis útil ao proxecto político. Se esa utilidade está a ter responsabilidades na lexislatura que vén, pois así será. Se non, volverá ao meu posto de traballo", apuntou o maxistrado, que reivindica que a súa "disposición persoal a saír da zona de confort quedou clara fai catro anos", cando decidiu dar o salto á política.

"DECEPCIONADO"

Transcorridos case catro anos desde que no verán de 2016 aceptase a oferta para converterse en candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, Luís Villares recoñece sentirse "decepcionado" do que se atopou en política pero non arrepentido de dar o paso. "Un non se pode arrepentir de algo que leva tanta responsabilidade e tanto honra como é representar aos cidadáns".

Cuestionado sobre se cre que foi traizoado polas persoas que o levaron desde a magistratura á política, Villares di que "a traizón" non foi cara a el senón "ao proxecto político". "E iso pagámolo moi caro estes anos en apoio cidadán e pagámolo moi caro nas eleccións municipais", indicou, en referencia á perda dos gobernos das autodenominadas 'cidades do cambio' --A Coruña, Ferrol e Santiago--.

Precisamente, o exregidor santiagués Martiño Noriega é o encargado de pilotar as negociacións para a integración de Anova nunha candidatura de unidade para as autonómicas. Cuestionado acerca dunha das persoas que apostou polo seu salto á política, Villares asegurou que a súa relación con Noriega "é pouca pero cordial", á vez que apuntou que Anova e En Marea manteñen contactos "normalizados" como forzas que "se recoñecen como interlocutores políticos".

En canto ao BNG, Villares descarta unha integración nunha formación que se define como unha fronte de partidos pero que, segundo o portavoz de En Marea, esta forma de organizarse "non se dá na práctica". "Non é a pulsión de En Marea desaparecer como tal. Sempre dixen que nesta nova etapa eramos partidarios de formular alianzas electorais, pero non de disolvernos orgánicamente", indicou o portavoz, antes de remarcar que cren "interesante" poder alcanzar acordos co Bloque "sen ter que asumir o seu ideario nin integrarse na súa estrutura interna".

O portavoz de En Marea no Parlamento de Galicia, Luís Villares
O portavoz de En Marea no Parlamento de Galicia, Luís Villares | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

8 Bismutiño

Fronte de enchufados, vividores y eternos profesionales de la función pública y la política.

7 Toño

Un día A, outro B, despois C. Este home e os seus catro gatiños non saben que facer para seguir enjanchados a esa teta e satisfacer os seus egos. #VillaresVaiteXa #VillaresDeixaDeJoder #PasaPaCasaVillares

6 Frijolitox

Mi madriña, canto voxpopuli troleando.

5 GALIZA SI!

non seria ma idea establecer un-ha alianza electoral co bloque! e claro que son nacionalistas, sabemos xa nestes momentos que os outros os do VELLO (wieiras) están pactando a rebaixa con podemos din que si a todo a expaña .... a marea se quere proseguir tera que non digo integrarse pero sin asociarse o bng... os outros xa desapareceron desintegrados e integrados en podremios non lles queda outra o acaso o vello vai PEDIR DE NOVO A ABSTENCION ANTE A AMEAZA DO FACISMO NA GALIZA, ameaza real e non como di o pepeiro VO卐TRUS a ameaza facista e real que ninguen se engane!!! TODOS ATENTOS O SEMAFORO EN VERMELLO!!!

4 Alienao

Búscase almacén para restos dun naufraxio