Un centenar de transportistas das Pontes completan o Camiño para esixir "emprego"

O día 22 celebrarase en Santiago unha reunión do comité de crise.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2020 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

Un centenar de transportistas do carbón, afectados o peche da térmica das Pontes (A Coruña), chegaron a Santiago este sábado tras facer a última etapa do Camiño co fin de reclamar "emprego" e unha "transición xusta".

Tras saír sobre as 10,00 horas de Arca, no municipio coruñés do Pino, chegaron preto das 14,30 horas á Xunta, onde foron recibidos polo director xeral de Enerxía, Ángel Bernardo Tahoces, así como polo delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, con quen mantiveron un encontro dunha media hora.

Á súa saída, en declaracións a Europa Press, Manuel Bouza, o portavoz deste colectivo de transportistas, explicou que a Xunta  trasladoulle "todo" o seu apoio e "púxose data para o comité de crise", que será o próximo 22 de xaneiro (12,30) en Santiago para abordar o futuro da planta de Endesa nas Pontes. A cita será no edificio administrativo de San Caetano.

UNHA CAMIÑADA "MOI DURA"

Así, tras unha camiñada "moi dura", nunha xornada de sábado con fortes choivas na capital de Galicia, os traballadores --agrupados na Asociación do Colectivo de Transportes do Carbón (ACTC)-- puxeron rumbo á Praza do Obradoiro, onde terminaron a súa protesta.

Todo iso, despois de que Endesa anunciase o peche das Pontes, aínda que se abre á posibilidade de que parte da central poida seguir activa se resultan satisfactorias as probas que se realizan co uso de biomasa.

Un centenar de transportistas das Pontes fan o Camiño para esixir 'emprego' na central térmica
Un centenar de transportistas das Pontes fan o Camiño para esixir 'emprego' na central térmica | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta