A 52ª Feira do Cocido de Lalín recuperará a gala na TVG e prescindirá do cocido solidario

Contará coa xornalista Sonsoles Ónega de pregoeira.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2020 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

A 52ª edición da Feira do Cocido de Lalín (Pontevedra), que se celebrará o domingo 16 de febreiro, contará coa xornalista Sonsoles Ónega de pregoeira. Nunha rolda de prensa este sábado, o alcalde, José Crespo, tamén anunciou que neste 2020 recuperarase despois de tres anos a tradicional gala retransmitida pola Televisión de Galicia (TVG), que terá un carácter solidario e emitirase o venres 14 de febreiro desde o Lalín Area.

Neste sentido, Crespo indicou que en total o Concello achegará uns 30.000 euros á televisión autonómica para a retransmisión, mentres que outros 20.000 euros sairán de patrocinadores. En canto aos artistas, o rexedor indicou que aínda está "a negociar".

Ademais, o alcalde explicou que este ano, en lugar de organizar un cocido solidario, este carácter terao a gala do venres. Así, e dado que non se pode cobrar entrada porque "non é legal", adiantou que se pedirá un donativo dun euro nos accesos ao Lalín Arena, onde haberá representación de varias asociacións benéficas.

Xa o domingo 16 de febreiro, día grande da Feira do Cocido, Sonsoles Ónega, filla do tamén xornalista Fernando Ónega, fará de pregoeira. Respecto diso, o alcalde de Lalín celebrou a elección porque "si ou si" quería que fose unha muller quen desempeñase este papel: "En dez anos só tres o foron".

As entradas á feira custarán 35 e estarán dispoñibles no Pazo de Lendoiro e na entrada do Concello. "A idea é polas xa á venda esta semana", engadiu Crespo.

O alcalde de Lalín (Pontevedra), presenta a 52ª Feira do Cocido.. CONCELLO DE LALÍN
O alcalde de Lalín (Pontevedra), presenta a 52ª Feira do Cocido.. CONCELLO DE LALÍN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta