Dúas persoas mortas en 49 accidentes de tráfico esta fin de semana

O 061 atendeu a 61 persoas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2020 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu durante o fin de semana a 61 persoas debido a 49 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas, das que dúas morreron.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 17 de xaneiro e as 23,59 horas do domingo 19 un total de 60 chamadas en relación con accidentes de tráfico. O sábado foi a xornada con máis incidentes, con 28 sinistros.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 65. En concreto, as ambulancias realizaron 57 saídas; o helicóptero medicalizado, unha; e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en sete accidentes.

En 53 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en seis ocasións recibiron atención no lugar do incidente e dous faleceron no punto do accidente.

A proporción de homes atendida ascendeu ao 63 por cento e a de mulleres reduciuse ao 37%. En canto ás idades dos feridos, o 37% dos atendidos tiña entre os 40 e 54 anos.

As provincias da Coruña e Pontevedra foron as que rexistraron máis accidente, con 20 cada unha, durante os desprazamentos do fin de semana; seguida de Ourense, con cinco; e Lugo, con catro.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta