Presentada unha candidatura de consenso para renovar a coordinadora de Marea Atlántica

A lista ten persoas distintos grupos e partidos que xa formaban parte da Marea.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/01/2020 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

Unha candidatura de consenso, conformada por oito mulleres e cinco homes e coa presenza entre eles do exalcalde Xulio Ferreiro, preséntase para renovar a Coordinadora de Marea Atlántica, o órgano que se ocupa da xestión diaria da organización.

Segundo informa Marea Atlántica, a lista, denominada 'Municipalistas', foi a única que se presentou ao final do prazo previsto, o 17 de xaneiro. Xunto a Xulio Ferreiro, o órgano complétase con dous postos natos, reservados para as portavoces da Marea Atlántica no Concello, María García, e na Deputación, Alberto Lema.

Esta candidatura, avalada tamén polo órgano de arbitraxe, conta ademais con Claudia Delso, Iago Martínez, Beatriz González, Luís Hernández, Stephanie Ordóñez, Sabela Rivas, Lola Ponte, Antía Paz, Daniel Cao, Xema Rivera, Diego Jiménez e Inés Cebreiro.

Diego Jiménez e Inés Cebreiro foron, ademais, propostos para compartir a portavocía paritaria da Coordinadora. No caso de Xulio Ferreiro asumirá o labor de 'confluencia e cohesión' do espazo. Lola Ponte terá asignadas funcións de 'xustiza social' e Daniel Cao e Beatriz González serán a encargados da área de 'comunicación interna'.

Antía Paz será a responsable de 'comunicación externa e argumentario', mentres que Sabela Rivas e Inés Cebreiro asumirán 'feminismo'; Stephanie Ordóñez,'ecoloxismo'; Diego Jiménez 'movementos sociais e sociedade civil'; Xema Rivera, 'territorio'; Luís Hernádez, 'mediación e transparencia'; Claudia Delso, 'dinamización e formación' e Iago Martínez, 'relación coas institucións'.

Tras a súa presentación oficial, a candidatura deberá de ser referendada pola Rede, máximo órgano de toma de decisións da Marea Atlántica, que se reunirá nos próximos días. De producirse o apoio da Rede, o mandato da Coordinadora terá unha duración de dous anos.

Diego Jiménez e Inés Cebreiro, candidatos a portavoces de Marea Atlántica. MAREA ATLÁNTICA
Diego Jiménez e Inés Cebreiro, candidatos a portavoces de Marea Atlántica. MAREA ATLÁNTICA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 SALVADEVOS!!!!!

SI EN VERDADE QUEREN SALVAR O PROXECTO!!! SI EN VERDADE O QUEREN SALVAR!!! teñen que ir a preguntar e pedir integrarse nunha coalición electoral nacionalista co BNG!!! XA BASTA DE ENREDOS INUTILES!!!! XA BASTA DE TONTERIAS!!!! si non o fan todos pensaremos que o de sempre, si ise señor maior da reborainas sigue mandando!!! ten a moitos atrapados e alguns son correa de transmisión do mandarinato, outros os teledirixe, como a zombis autenticos e mesnadas da caterva profunda!!! deben romper xa a obediencia debida, deben rebelarse, non pode seguir asi, e que non o ven!!! coma os manipula, sabe mais o diaño por vello que por diaño!!!!! e o momento de erguerse!!!! e o momento de decir SI a Galiza!!!

2 trailalalla

Outra mais? jejeje eramos pocos y pario la abuela

1 Calvo sen pucha

É pucha tapacalvas estilo golfiño sucesor ou non? Hai calva debaixo dela