A Xunta situá no primeiro trimestre de 2021 a finalización do saneamento da Ría de Pontedeume

Destinará 4,2 millóns de euros para construír un colector, un tanque de treboadas e un pozo de bombeo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2020 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, estimou que "no primeiro trimestre do ano 2021 estean finalizadas as obras" de saneamento na Ría de Pontedeume (A Coruña), uns traballos que "está en execución desde o pasado de mes de novembro", e ás que a Xunta destina 4,2 millóns de euros.

Estas manifestacións realizounas Vázquez durante unha visita que realizou na mañá deste luns ás actuacións recollidas na primeira fase do saneamento integral desta ría da comarca do Eume. Alí lembrou que esta actuación contempla "a construción dun gran colector no paseo marítimo, de practicamente un quilómetro, un tanque de treboadas, onde se almacenará a auga en momentos de choiva para logo ir dosificando o caudal que chega á depuradora, para evitar verteduras e inundacións, ademais dun novo pozo de bombeo".

Ponte de Pontedeume
Ponte de Pontedeume | Fonte: Íñigo Mouzo Riobóo

PRAZOS

En canto aos prazos, esta conselleira destacou que "serán necesarios catro meses máis para finalizar a instalación dos colectores". "En febreiro iniciarase a construción do tanque de treboadas, que ten un prazo de quince meses de execución, que nos levan ao primeiro trimestre de 2021 con data de finalización", sinalou.

Ademais, a conselleira de Infraestruturas detallou, na súa comparecencia ante os medios de comunicación, que "hai dúas obras" que teñen "en planificación e previstas, co proxecto construtivo redactado, na zona de Cabanas (A Coruña)".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta