Xerais reúne nun libro varios poemas inéditos de Celso Emilio Ferreiro

A editorial tamén celebrará este 2020 os cen anos do nacemento do escritor Ray Bradbury, reeditanto o seu libro Farenheit 451.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/01/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A editorial Xerais publicará neste mes de xaneiro o libro de poemas inéditos escritos por Celso Emilio Ferreiro, Birimbao. Poemas de mí para ti 1937-1939. Os poemas foron recollidos para este volume polo fillo do autor celanovés, Xavier Ferreiro Loredo, quen foi xuntando os textos ata conformar este volume. O libro mostra como era a poesía de Ferreiro durante os anos da guerra civil. Acompañan aos poemas textos en prosa do  mesmo poeta, así como textos sobre o autor.

O poeta e autor Celso Emilio Ferreiro
O poeta e autor Celso Emilio Ferreiro

Os autores que tamén se achegarán ás librarías este comezo de 2020 son Alberto Fortes, coa novela O verán en Lucenza, un repaso sobre o que foi e o que é agora o rural cunha viaxe introspectiva ao pasado do seu protagonista. Trescatorcedezaseis de Rocío Leira é unha proposta para os adolescentes  onde se mesturan o xénero negro coas matemáticas. Para os máis pequenos, a colección Merlín ofrécelles Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso de Héctor Cajaraville e Mariña e o balón de Pere Tobaruela.

Dentro do ensaio destacan dous títulos. O primeiro é Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario de posguerra (1936-1966) de Mario Regueira. E sobre o autor homenaxeado este ano para o Día das Letras Galegas, o libro Carvalho Calero. Vida e obra de un ser polifacético de Henrique Dacosta.

Por outra banda, este ano cúmprense os cen anos do nacemento do autor de ciencia-ficción, Ray Bradbury (22 de agosto de 1920). Para celebralo, reeditarase a novela Farenheit 451, do ano 1953. Outro traballo tamén destacado de Bradbury é o conxunto de relatos Crónicas Marcianas de 1950.


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta