Temas: GALICIA EMPREGO

Galicia sofre o maior retroceso entre comunidades da facturación do sector servizos en novembro

O emprego avanza un 0,3%, por baixo da media española.

Por E.P. | A Coruña | 21/01/2020 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

A facturación do sector servizos diminuíu un 1,6% en Galicia en novembro de 2019 en comparación co mesmo mes de 2018, segundo os datos publicados este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Deste xeito, Galicia rexistra a maior caída entre comunidades, nun mes cun incremento medio do 0,9% no conxunto estatal. A pesar deste descenso, no que vai de ano --entre xaneiro e novembro-- houbo un aumento do 3,7% nas vendas do sector servizos galego. É case idéntico ao aumento estatal (+3,8%).

Pola súa banda, en novembro elevouse un 0,3% o emprego no sector en Galicia, menos que o avance estatal (+1,1%). Na media do que vai de ano crece un 1,3%, menos que o 1,6% de incremento en España.

DATOS ESTATAIS

O sector servizos rexistrou un aumento da súa facturación do 0,9% o pasado mes de novembro en relación ao mesmo mes de 2018, taxa 3,1 puntos inferior á de outubro. Con este repunte, os servizos encadean xa 75 meses de ascensos interanuais, segundo datos provisionais publicados este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Turistas Arquivo
Turistas Arquivo | Fonte: Europa Press

Temas: GALICIA EMPREGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta