Un xulgado sentenza que unha destas caixas de ovos é copia da outra

O fallo considera probado que Corral de Monegros copiou o deseño da caixa de ovos camperos da galega Pazo de Vilane.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2020 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

O xulgado de primeira instancia e instrución nº3 de Huesca condenou a Flumenali S.L., comercializadora da marca de ovos campeiros Corral de Monegros, por condutas de competencia desleal, tras considerar probado que copiou o deseño da caixa da galega Pazo de Vilane.

Caixas de Pazo de Vilane e Corral de Monegros.
Caixas de Pazo de Vilane e Corral de Monegros.

En concreto, segundo informa a empresa, o fallo supón un precedente no sector e sinala ao deseño, tamaño e cor como elementos de copia clara da caixa orixinal que Pazo de Vilane puxo no mercado en 1997.

O artista e deseñador Pepe Varro foi o encargado de crear a caixa de ovos camperos de Pazo de Vilane, unha caixa marrón e rectangular a diferenza das habituais alongadas.

O xulgado insta a Flumenale a cesar nesta conduta e prohíbelle a súa reiteración futura, condenándolle ao pago das costas. A pesar diso, a resolución non é firme e contra ela pódese interpor recurso de apelación.

Piedad Varela-Portas, socia de Pazo de Vilane, destacou o "importantísimo recoñecemento" a unha empresa que leva "máis de 20 anos innovando" no sector do ovo campeiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta