Un estudo da USC revela que as ondas de calor extremas aumentan a mortalidade

En Sevilla, por exemplo, o paso dun día de baixa intensidade a outro de intensidade extrema poida aumentar este risco nun 173 por cento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2020 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

Os cambios extremos de intensidade en épocas de ondas de calor poden incrementar de forma considerable o risco de mortalidade e supor un perigo para a saúde humana que pode ser letal, neste contexto de cambio climático.

Un estudo publicado por un equipo interdisciplinar da USC relaciona a intensidade das ondas de calor coa mortalidade diaria por causas naturais, cardiovasculares ou respiratorias. En Sevilla, por exemplo, o paso dun día de baixa intensidade a outro de intensidade extrema poida aumentar este risco nun 173 por cento.

A investigación recolle tamén datos de Barcelona, Bilbao e Madrid entre 1990 e 2014. Nestas cidades, o risco de morte por causas naturais ascendería ao 78 por cento nas dúas primeiras e ao 83 por cento na terceira, nese suposto incremento de intensidade da onda. O patrón resulta similar no caso das mortes por causas respiratorias e cardiovasculares, aínda que con maior importancia nas primeiras.

O estudo emprega un índice biometeorolóxico para coñecer a magnitude deste fenómeno e a súa incidencia na a saúde humana. Neste sentido, segundo explica o profesor Dominic Royé (que asina o traballo xunto á profesora Margarita Taracido), a investigación é "pioneira" no uso do índice EHF (Excess Heat Factor) en relación á temperatura diaria aparente, que ten en conta a radiación solar, a humidade e a velocidade do vento.

Deste xeito, os riscos estimados para as catro cidades analizadas resultaron máis elevados que en estudos previos baseados na temperatura do aire.

"As políticas actuais deberían contemplar os diferentes riscos asociacións a unha onda de calor", sinala o autor, apuntando a necesidade de considerar tanto as "escalas rexionais como as locais", ademais das estatais, á hora de estudar os fenómenos meteorolóxicos, e avaliar a vulnerabilidade humana en función das particularidades.

Onda de calor en Alemaña, Europa. KAY NIETFELD/DPA / KAY NIETFELD - Arquivo / Europa Press
Onda de calor en Alemaña, Europa. KAY NIETFELD/DPA / KAY NIETFELD - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta