Atopados os cadáveres de dúas persoas, unha nas Pontes e outra en Oza-Cesuras, que levaban días mortos

Ningún dos corpos presenta síntomas de violencia.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 23/01/2020 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

Os cadáveres de dúas persoas, un home e unha muller que levaban días mortos, foron localizados nos muncipios de Oza-Cesuras e As Pontes, respectivamente, na xornada deste mércores, segundo informou a Europa Press a Garda Civil.

No caso do home, trátase dunha persoa de 65 anos ao que se localizou na vivenda despois de que a muller que lle tiña alugada a casa dese aviso aos servizos sociais municipais porque facía varios días que non o vía.

Así o precisou a Europa Press o alcalde de Oza-Cesuras, Pablo González, quen asegurou que se deu aviso á Garda Civil. Desde a Benemérita, confirmaron que axentes de Irixoa se desprazaron ao lugar, na mañá do mércores, localizando o corpo do home que non presentaba síntomas de violencia. Agora estase á espera dos resultados da autopsia.

En canto á muller achada morta nas Pontes, explicaron que, tras recibir o aviso, unha patrulla accedeu o mércores pola mañá ao interior da casa, situada na rúa Antonio Machado.

Unha vez dentro, achouse o corpo da septuaxenaria no sotáno "con evidencias de que levaba bastante tempo" falecida. "Semanas", apuntaron. Como no anterior caso, estase pendente do resultado da autopsia e, aínda que non se determinaron as causas da morte, confirmaron que non hai ningún signo de violencia.

Garda Civil. GARDA CIVIL
Garda Civil. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta