A Xunta expresa o seu apoio aos galegos de Cataluña e a súa "preocupación" pola situación actual

O secretario xeral de Emigración visita aos representantes das entidades galegas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2020 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mostrou este xoves o seu apoio aos galegos residentes en Cataluña ante a "complexa situación" que están a vivir e pola que evidenciou a súa "preocupación".

Pintadas no centro da Agrupación Cultural Galega Saudade do barrio de Horta, en Barcelona
Pintadas no centro da Agrupación Cultural Galega Saudade do barrio de Horta, en Barcelona | Fonte: Víctor Mondelo.

O titular do departamento fixo estas declaracións no transcurso dunha viaxe institucional a Cataluña para trasladar aos representantes das entidades galegas na rexión o "apoio, afecto e solidariedade" da sociedade galega.

De modo particular, Miranda transmitiu "todo o agarimo" á Agrupación Cultural Galega Saudade, tras as "inxustificables e inadmisibles pintadas" sufridas na súa sede a inicios de ano.

O secretario xeral aproveitou a xornada para reunirse con representantes da Xuntanza de Asociacións Galegas en Cataluña, da Unión de Asociacións Galegas de Cataluña, da Asociación Centro Galego e das Casas de Galicia de Barcelona, ás que puxo como exemplo de "acollida e integración", trasladándolles a súa "inquietude e preocupación" polo actual conflito aberto polo independentismo.

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, a 1 de xaneiro de 2019 o número de galegos en Cataluña roldaba os 69.058. Deles, a maior parte, 58.726, residen en Barcelona, seguida de Tarragona (4.177), Xirona (3.996) e Lleida (2.159).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta