Morre unha persoa e dúas resultan feridas graves nunha colisión frontal en Caldas de Reis

Por E.P. | PONTEVEDRA | 24/01/2020 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia
Unha persoa faleceu e outras dúas resultaron feridas de carácter grave nunha colisión frontal entre dous vehículos rexistrada na mañá deste venres no municipio de Caldas de Reis.

Así o informaron a Europa Press fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), que indicaron que o sinistro mortal tivo lugar sobre as 7,30 horas deste venres.

En concreto, este accidente ocorreu á altura do quilómetro 100 da estrada N-550, na circunvalación de Caldas de Reis, puntualizaron fontes de Protección Civil da localidade.

Accidente
Accidente | Fonte: PROTECCIÓN CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta