O PP galego insiste: "En Galicia hai un goberno que goberna e as eleccións son cando tocan"

O secretario xeral Miguel Tellado rexeita "entrar no debate" sobre datas electorais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2020 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, rexeitou este venres "entrar no debate" sobre datas electorais como pode suceder noutras comunidades como Cataluña e alegou que en Galicia "hai estabilidade", polo que os comicios celébranse "cando tocan".

Miguel Tellado
Miguel Tellado | Fonte: Europa Press

Nun ano electoral, no que as eleccións autonómicas tocan no outono agás que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, decida adiantalas. Preguntado sobre se a situación catalá e unha posible convocatoria poderían precipitar a cita coas urnas tamén en Galicia, remarcou: "En Galicia hai un goberno que goberna e as eleccións son cando tocan".

Así, reafirmouse en que o "debate non está aberto", ademais de considerar que se trata dunha cuestión "bastante improductiva para a vida dos galegos", aínda que poida "interesar" aos dirixentes da oposición como Gonzalo Caballero (PSdeG) e Ana Pontón (BNG).

Aos populares, esgrimiu, o que lles preocupa é "gobernar e resolver os problemas" e a iso dedicaranse —afirmou— "nos próximos meses". Non en balde, máis aló de que o debate sobre a data electoral poida estar ben "para os faladoiros", defendeu que en Galicia hai "estabilidade" e argumentou unha vez máis que a campaña ten que durar "15 días e non oito meses".

"Gobernemos e dediquemos 15 días á campaña, que os galegos están fartos de campaña", pediu, antes de insistir en que faltan "oito meses e uns días para a data teórica dunhas eleccións en Galicia".

Ante a suspicacia dos xornalistas tras esta última afirmación, preguntado se ao falar de "oito meses e uns días" daba a entender que as galegas serían en outubro (posto que as últimas celebráronse un 25 de setembro), precisou que falaba de forma aproximada e que, en todo caso, é Feijóo o que decidirá cando se celebran os comicios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta