Miguel Barros confirma a súa entrada en Compromiso por Galicia

O histórico militante galeguista do PSOE e home de confianza da Construtora San José en Xornal de Galicia e A Nosa Terra dá unha rolda de prensa canda Xoán Báscuas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 12/09/2012 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

Miguel Barros comparecerá esta tarde en Santiago canda Xoán Báscuas na rolda de prensa na que o líder de Compromiso anunciará a súa presentación ás primarias abertas desta formación.

Miguel Barros
Miguel Barros

A adhesión de Miguel Barros é relevante por dous factores. En primer lugar, Barros é o máis coñecido dunha xeración de militantes do PSOE que abandonaron os socialistas cando estes deron no pasado un xiro centralistas.

En segundo lugar, Barros actuou como representante do construtor Jacinto Rey nas súas fracasadas aventuras mediáticas en A Nosa Terra e Xornal de Galicia.

O dono do Grupo San José situou a Barros como o seu home de confianza nestas dúas compañías xornalísticas, hoxe liquidadas e cuxos contidos seguen innacesíbeis na Internet.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

12 Información

O madrileño Reneses foi o representante de IU: http://galizalivre.org/?q=noticia%2...

11 Guillermo Rodríguez Fdez.

Miguel Barros é un amigo meu de toda a vida. coñecímonos cando fixemos opoicións aló polos anos sesenta do pasado século. Seguimos camiños diferentes ainda que non alonxados pero sempre mantivemos unha boa amizade. Podo asegurar e poñer a man no lume que Miguel é un home honesto; outra cousa é que os seus proxectos lle teñan saido mellor ou peor. Penso que `pode aportar moito a C x G. Non ten necesidades económicas como para buscarse un sitio ao sol da política; se o fai é porque entende pode aportar cousas; eu confirmo que pòde facelo. Unha boa fixache para C x G co meu desexo de que lle saian ben os seus novos proxectos. Miguel, estou ao teu dispor polo que poida servirche. Saúdos.

1 Lucas

Veo que en CxG están apartando a la esquerda ideologista que vive en su mundo y apostando muy fuerte por reunir lo mejor del nacionalismo. llevo poco tiempo en Galicia, mas presiento que estoy a vivir un momento histórico en la política. Vivo en Porriño...preséntate Miguel!!

10 Maribel

Parabens a Compromiso. Unha gran fichaxe

1 Xandokas

... quen .... Ronaldo???

2 CIENFUEGOS

En CXG non se ficha as persoas entra todas por convencimento do ideal i programa a levar a cabo.Son todos benvidos.Tamen todos son libres de se ir cando asi o acorden como os ecosocialistas,en CXG temos que sentirnos todos comodos para asi aportsr todo en positivo inda que non teñamos cartos nin cargos que repartir benvido MIGUEL i ECOSOCIALISTAS BOS VIAXE E SORTE.

9 imos aló

Parabéns a Compromiso por atraer a este perfil de xente!

8 teletipo

Acaba de anunciar NOS-UP que non se presenta ás eleccións. No mesmo comuicado valora a IU-Beiras como incompatíbel coas “verdadeiras necesidades da nación galega e do noso povo traballador”. sinala ao BNG como “a única que representa un proxecto galego fronte o sucursalismo do resto”.

1 Arraiano

O que non significa, nin de lonxe, que pida o voto para eles. De feito, din "Infelizmente, nengumha das candidaturas apresentadas assume um perfil político como o que consideramos imprescindível traçar neste momento histórico, daí que NÓS-UP nom poda apoiar nengumha das candidaturas apresentadas". http://nosgaliza.org/prova2/?p=1792

2 eusi

E por que será que non se presentan? Pedíronlle os seus millóns de votantes? Isto é para escarallarse!