Miguel Barros confirma a súa entrada en Compromiso por Galicia

O histórico militante galeguista do PSOE e home de confianza da Construtora San José en Xornal de Galicia e A Nosa Terra dá unha rolda de prensa canda Xoán Báscuas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 12/09/2012 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

Miguel Barros comparecerá esta tarde en Santiago canda Xoán Báscuas na rolda de prensa na que o líder de Compromiso anunciará a súa presentación ás primarias abertas desta formación.

Miguel Barros
Miguel Barros

A adhesión de Miguel Barros é relevante por dous factores. En primer lugar, Barros é o máis coñecido dunha xeración de militantes do PSOE que abandonaron os socialistas cando estes deron no pasado un xiro centralistas.

En segundo lugar, Barros actuou como representante do construtor Jacinto Rey nas súas fracasadas aventuras mediáticas en A Nosa Terra e Xornal de Galicia.

O dono do Grupo San José situou a Barros como o seu home de confianza nestas dúas compañías xornalísticas, hoxe liquidadas e cuxos contidos seguen innacesíbeis na Internet.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

7 Velho Txotxo

Non perdades o tempo cos de copromiso por-q-licia. Sendo parvos, que o so, e moito, polo menos no che son traidores como os seus ex-socios da Equaime Peña Taurina humanoide da Cofradía de la Alternativa Española de Vieras Unidas al PP extremeño

1 Pepa

Fillo, que rebuscadiño. Seguro que a túa nai che dicía que eras gracioso.

2 Perico Pallotti

Esqueceu o dos visóns de Equo e dicir esóxeno.

3 eusi

Falas de Guillado Vazquez e Paco Zarzuelas?

6 Branco e en botella

Xa sabedes o eficaz que foi na Nosa Terra e Xornal, polo que a conclusión é evidente

1 Xaime

O mesmo digo. Non sei se escaparon xa os eco-chupy-guai-socialistas de CXG co seu españolismo, que agora fichan a este. Cóido que o seu galeguismo fica moi lonxe do de aqueles cargos do PSC que participaron na marcha do 11 de setembro en Barcelona.

5 Pastelao

Muitos capitães, poucos marinheiros.

4 Roi Xordo

1º) A min cáeme ben Miguel Barros. Mágoa que non se comprometera antes, cando inda era alguén, co BNG. 2º) A súa entrada en CxG é francamente meritoria, pois é un grupo ferido de morte. 3º) Unha malicia (a xeito de brincadela): vista a última traxectoria de Miguel Barros (A Nosa Terra e Xornal de Galicia), semella ser o "enterrador" que pon Jacinto Rey cando hai que pechar ordenadamente un chiringuito.

1 eusi

Eu xa o augurara tamén, C-G (o de medio é un menos), vai ser a Coalición galega do século XXI.

3 anonimo

hombre hombre hombre por fin encontró acougo el plasta de la nacionalista este del psoe, pena que no se largaran todos y tendríamos un partido social demócrata sin la peste nacionalista. este plomo que siempre esta a intrigando, puajjjj

1 Pedriño Pauíño

Cara de peste tes ti.

2 eusi

Enténdote ben mono-nónimo: falas dos do bng non si?

3 Peidoceibo

A mamon imo (ou Carlos Príncipe, ex-troskista) xa tés á U P Y D.....