Miguel Barros confirma a súa entrada en Compromiso por Galicia

O histórico militante galeguista do PSOE e home de confianza da Construtora San José en Xornal de Galicia e A Nosa Terra dá unha rolda de prensa canda Xoán Báscuas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 12/09/2012 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

Miguel Barros comparecerá esta tarde en Santiago canda Xoán Báscuas na rolda de prensa na que o líder de Compromiso anunciará a súa presentación ás primarias abertas desta formación.

Miguel Barros
Miguel Barros

A adhesión de Miguel Barros é relevante por dous factores. En primer lugar, Barros é o máis coñecido dunha xeración de militantes do PSOE que abandonaron os socialistas cando estes deron no pasado un xiro centralistas.

En segundo lugar, Barros actuou como representante do construtor Jacinto Rey nas súas fracasadas aventuras mediáticas en A Nosa Terra e Xornal de Galicia.

O dono do Grupo San José situou a Barros como o seu home de confianza nestas dúas compañías xornalísticas, hoxe liquidadas e cuxos contidos seguen innacesíbeis na Internet.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

2 Manuel

Vaia, por un momento pensei que estaba a ler La Voz de Galicia, pero non...

1 COMPROMISO

E outros moitos, estaran no barco, sen dubidada. Ao PP. o para Compromiso por Galicia, non o BNG, PSO-E e Beiras. ten moito mais medo a esta novo partido o PP, que os demais xuntos, porque van a perder votos para esta formazon que xamais votarian a PSO-E, Beiras e UPG. Con só ter un deputado vale mais que 36 deputados do PP. ADINTE COMPROMISO

1 Fascistas NON

Así que un deputado vale máis que 36, porque ese un sería do teu partido. Ti es un auténtico fascista que non entende que o valor de cada voto é o mesmo. Grazas por quitar a careta e mostrarnos a verdadeira cara de CXG. Utilizando o símil grego queda claro quen é a Syriza e quen a ultradereita de Amañecer Dourado

2 Cachuzo

Evidentemente cada deputado ten un voto. Mas existen deputados que traballan e outros que só cobran. E uns que traballan para Galiza e outros para Madrí. Penso que esa era a idea do comentario inicial, que non foi quen de perceber o Fascistas NON.

3 Artilheiro

Cada deputado é um voto... mas os do leste do país precisam menos votos para serem eleitos. Nom si "fascistas NON"?