O BNG reclama ante a Comisión Europea un plan de choque ante o coronavirus

A voceira do BNG en Bruselas cre que é "imprescindible" pór en marcha un programa de coordinación para previr contaxios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2020 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, remitiu unha pregunta á Comisión Europea para que explique se conta cun plan de choque que evite unha hipotética propagación do coronavirus.

Nun comunicado, Miranda insiste en que, a pesar de que no Estado español aínda non hai casos confirmados, é "imprescindible" desenvolver un amplo programa europeo coordinado que inclúa accións preventivas e reactivas ante posibles positivos.

"Europa non pode quedar de brazos cruzados esperando a que se produzan contaxios", considera, en referencia ao tres casos contabilizados en Francia.

Dúas rapazas con máscaras de protección ante o coronavirus. Willie Siau/SOPA Images via ZUMA / DPA / Europa Press
Dúas rapazas con máscaras de protección ante o coronavirus. Willie Siau/SOPA Images via ZUMA / DPA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta