As axudas de rehabilitación do Camiño de Santiago permitiron mellorar a vivenda de máis de 80 familias

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2020 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

Un total de 88 familias galegas puideron mellorar a súa vivenda e fogar ao acceder a unha das axudas ás Áreas de Rehabilitación Integral do Camiño de Santiago.

Así o avanzou este sábado a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante unha visita a unha destas vivendas beneficiadas no programa, situada en Lugo.

As máis de 80 familias beneficiadas recibiron un importe próximo aos 635.000 euros, segundo sinalou. A provincia de Lugo foi a que aglutinou a maioría das concesións, cun importe total de 217.678 euros para 33 familias.

A Xunta volverá sacar este ano as axudas para as ARI do Camiño de Santiago e do Parque Nacional Illas Atlánticas, unha iniciativa coa que se busca apoiar ao rural galego en materia de rehabilitación e un importe por subvención de ata 20.000 euros por inmoble.

A conselleira Anxos Vázquez visita unha vivenda beneficiase pola convocatroia de axudas ARI. XUNTA
A conselleira Anxos Vázquez visita unha vivenda beneficiase pola convocatroia de axudas ARI. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta