Por Galicia Confidencial | LUGO | 25/01/2020 | Actualizada ás 23:13
Mauro Herce conseguiu o Premio Goya á Mellor Dirección de Fotografía por 'O que arde', o filme de Oliver Laxe rodado nos Ancares lucenses.
As impresionantes imaxes do monte, do lume, do rural naviego... valéronlle o segundo galardón a Mauro Herce, despois do conseguido recentemente nos Premios Gaudí. O catalán agradeceulle a Oliver Laxe a confianza depositada nel, pero tampouco quixo esquecerse dos brigadistas forestais que lles axudaron na rodaxe. "Velaron máis por nós ca por eles mesmos", subliñou Herce.
Este é o segundo galardón da noite para 'O que arde', pois Benedicta Sánchez xa subira recoller o Premio a Mellor Actriz Revelación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.